Dispoñible UD con exemplos de posibles exercicios cos diferentes robots para E.I. en prográmame

Na aplicación PROGRÁMAME-UDIS de www.recusoseducativos.net (www.programame.gal), poderás atopar entre as UDI públicas, unha que creei cunha recopilación de posibles actividades e exercicios a levar a cabo cos diferentes robots educativos, resultado da experiencia na aula e das compartidas por outros compañeiros/as.

Se ben non se trata dunha Unidade Didáctica Integrada (UDI) posto que non constitúe en si unha tarefa, senón que se trata únicamente dun compendio de exercicios tipo, empregouse a aplicación PROGRÁMAME para poder telos organizados e facelos así dispoñibles para todo o mundo.

Irei actualizando esta UDI con novas actividades e exercicios a medida que se me vaian ocurrido ou vaia “descubrindo” novas experiencias de outros compañeiros e compañeiras.

Tan só tes que buscala en PROGRÁMAME, por unha destas vías:

  • UDIS > AS MIÑAS UDIS (udis públicas abaixo de todo) > buscar coa palabra “robótica” >  escoller a udi “SESIÓNS TIPO DE ROOBÓTICA”.
  • UDIS > AS MIÑAS UDIS (udis públicas abaixo de todo) >  escoller o usuario “infantilcampolameiro”  no desplegable >  escoller a UDI “SESIÓNS TIPO DE ROBÓTICA”

Tan só terás que premer “COPIAR UDI” para poder ter unha copia no teu cartafol e traballar con ela (podes copiar só a estructura ou completa).

Premendo sobro o seu título poderás vela en pdf sen copiala o teu cartafol.