Como crear a túa propia mesa de luz

Nas aulas de infantil do meu centro introducimos as “mesas de luz” que permiten explorar as propiedades da luz dun xeito lúdico á vez que desenvolvemenos a creatividade dos nosos alumnos e alumnas.

Ó construilas, despóis de varias probas, fomos descubrindo a mellor forma de facela  e agora queremos compartir as instruccións de montaxe con aquelas persoas interesadas en facer unha para a súa aula.

 (fai click nas imaxes para amplialas)

Ó final conseguiredes unha mesa de luz con estas características:

2015-01-22 11.03.05– Funciona cun mando a distancia para encendela e apagala.

– Permite cambiar o cor da luz que emite co propio mando a distancia,

– É totalmente segura, xa que as conexións van ocultas e fora do alcance do alumno e a iluminación e LED de baixo consumo e sen emitir calor.

– A superficie ó tratarse dunha plancha de metacrilato ofrece suficiente resistencia para que poida ser empregada por nenos e nenas.

– Permite explorar as propiedades da luz empregando diferentes obxectos translúcidos, transparentes e opacos.

 

 

Materiais que empregamos:

  • Mesa de IKEA (LÄT): empregamos esta porque ten un custo reducido e permite cambiar a parte superior por unha plancha de metracrilato encaixada nas marcas da mesa, tamén permite empregar a plancha superior orixinal como soporte para os leds. Podes vela directamente desde aquí, na web de Ikea.  Podería empregarse calquera outra mesa na que fose posible sustituir a superficie superior.
  • Rectángulo de metacrilato (ou plástico ríxido) do mesmo tamaño da tapa superior da mesa. (os cortes das esquinas fixémolos cun alicates e moito coidado 😉
  • Tira de leds de 5 metros, con mando a distancia e diferentes cores. (inicialmente empregamos barras alóxenas brancas pero non daban  luz suficiente, ademais poder cambiar a cor da mesa é éxito segurado cos rapaces e rapazas).  No noso caso empregamos unha tira de leds similar a esta que atopamos en ebay, que é autoadhesiva.
  • Plancha de plástico translúcido ou similar (dos que se fixan con electrícidade estática ás ventás) para difuminar a luz que emiten os leds (se o metacrilato xa é translúcido e non transparente non sería necesaria)
  • Tornillos ou similar para fixar a tapa cos leds na parte inferior, introducíndoos nas patas.

 

Como a construímos?

1.- Conseguimos unha plancha de metacrilato ou plástico ríxido das mesmas dimensións que as que inclúe a tapa superiror da mesa. Podedes levar a propia tapa, e con sorte, vos cortarán unha plancha do mesmo tamaño incluídos o pequenos cortes das esquinas, senón con coidado e un alicates poderán facerse.

2.- Nun dos lados do metacrilato fixamos o plástico translúcido (opcional)

3.- Montamos a mesa e introducimos a plancha de metacrilato no lugar onde debería ir a tapa orixinal (paso 3 do manual de instruccións de montaxe da mesa LÄT). Rematamos de montar a mesa seguindo as instruccións. É importante colocar a parte co plástico translúcido cara adentro, no caso de incluir este plástico.

DSC_0007

4.- Na plancha de madeira, que orixinalmente era a tapa da mesa, pola súa parte branca (para mellorar a reflexión da luz), fomos pegando en zigzag os leds pola cara do adhesivo. Nas “curvas” procurar que os leds miren cara adentro para non perder esa luz.

uEDhdcioQrrdLy5SpT9Np3MRoOz5WZVYqi-VMWdcs4Q

5.- Unha vez pegada a tira asegurámonos de que funcione correctamente conectando o cable a un dos extremos e fixando o outro (que quedará sen conectar) dentro do tabloeiro de xeito que quede oculto dentro da mesa.

 

6.- Fixamos a táboa cos leds na parte inferior da mesa, introducindo un tornillo ou similar nas patas, para evitar que o taboleiro se desplazce e quede pegado á parte superior da mesa. Na imaxe poden verse os dous extremos do cable fora da mesa, pero finalmente un deles, o que no será conectado, quedou recollido dentro da propia mesa.

Kgra5ZRdsGitkIAtgQM3HgdkrHE83sMmmTtwZvjuVIY

 

7.- Para evitar “que fuxa a luz” co paso do tempo cando a “taboa inferior” se vaia dobrando, podemos fixar uns parafusos entre a estructura da mesa e a tapa, de xeito que “toque ambas partes”, deste xeito quedará fixada a parte inferior, incluso co paso do tempo.

IMG_1660

 

8.- Conectamos o cable con enchufe á corriente e fixamos o recepor do mando a distancia nun lateral da mesa, de xeito que quede á vista e detecte a sinal do mando.

 

E este será o resultado:

DSC061252015-01-22 11.03.05

 

Nós fixamos o mando a distancia na parede con belcro, de xeito que poida ser usado e gardado sen que se perda.

Tamén conectamos á mesa a rede eléctrica a través dunha regleta con interruptor, de xeito que poidan apagarse os leds por completo cando no se usen e non queden cunha “feble luz” pese a apagalos co mando a distancia.