Actividades para facer co Pro-bot nas aulas

Propostas de actividades para empregar o pro-bot na aula:

calendarioOs contidos desta entrada vanse actualizado con novas aportacións e ideas, como resultado da posta en práctica real nas aulas. Lembra visitarnos períodicamente para ver novas propostas.

 

EXPERIENCIAS REAIS CO PRO-BOT NA MIÑA AULA:

http://centros.edu.xunta.es/ceippedroantoniocervino/?q=node/1982

http://centros.edu.xunta.es/ceippedroantoniocervino/?q=node/2413

 

SEGUIR LIÑAS DE DIFERENTES LONXITUDES:

Programar o probot para que faga o recorrido da liña, medindo previamente a distancia de cada unha delas. Nun segundo momento pídese que ademáis se programe a volta (sen xiralo senón percorrelo marcha atrás)

DSC06028  DSC06029

DSC06023

 

 

FACER COMPARATIVAS DE PERCORRIDOS ENTRE O BEEBOT E O PROBOT

Plantexar hipóteses para ver canto queremos que avance cada un deles a finalidade e observar que ambos empregan distintas maginitudes. Marcar “5” no probot supón avanzar 15cm de cada vez, mentras que no probot avanza 5 cm.

DSC06032

 

DISTANCIAS E RUTAS SOBRE PAPEL CONTINUO:

Trazar ruta despazándose unha cantidade determinada:

Empregando un metro calcúlase a distancia que desexamos que se desplace, programándoo no probot.

DSC05366

 

Percorrer unha ruta debuxada:

Empregando diferentes utensilios de medida de lonxitude e ángulos, calcular que distancias ten que desplazarse se que xiros (en que cantidade) se teñen que programar para que faga o percorrido marcado.

DSC05369

 

Duplicar unha ruta trazada:

Insertando un rotulador, e empregando instrumentos de medición, pídese que se trace o mesmo percorrido que o que figura ó lado, debendo programar tanto os desprazamentos como os xiros (en graos axeitados)

DSC05372

 

 

 

Como usar o pro-bot?

 

Guía rápida creada por Susana Oubiña Falcón  para as xornadas sobre “robótica na educación infantil e primaria” organizadas polo CFR de Pontevedra.