Experiencias na aula cos Ozobots

 

Materiais que usamos cos Ozobots:

Na nosa aula contamos cunha “caixa” dos Ozobots (tal como temos para o Beebot e Probot) de modo que o alumnado poida empregalo e gardalo de forma autónoma:

Esta caixa dos Ozoobots contén o seguinte:

  • Rotuladores negros de punta grosa (precisa facer un trazo superior a 5mm para sexa lido polos Ozobots), tamén pode facerse o trazo repasando varias veces o trazo cun rotulador menos groso.
  • Rotuladores de punta grosa de cor: azul, verde e vermello
  • Tarxetas cos codigos de cores: creadas para ser usadas por alumnos de menos idade a partir da táboa de códigos que se inclúe co Ozobot (podes descargalas na seguinte entrada ou desde aquí)
  • Pack de 2 ozobot bits: poden atoparse en tendas online
  • Papel continuo de cor branca
  • Nas tablets da aula tamén temos instaladas as app oficiais dos ozobots. (dispoñibles para Androdid e IOS)

Documentos imprimibles:

Experiencias na  miña aula:

Descubrindo os ozobots: 

Podes acceder a esta experiencia completa na entrada publicada na web do meu centro, na seguinte ligazón:

http://centros.edu.xunta.es/ceippedroantoniocervino/?q=node/2328

http://centros.edu.xunta.es/ceippedroantoniocervino/?q=node/2413

Construíndo un “longo camiño” para os ozobots:

Partindo dun punto da aula, e despois de sortear varios obstáculos, construír un camiño empregando idferentes fragmentos de liñas e curvas, que lle permitan ó ozobot chegar ó seu destino final.

img_0852-copia

img_0857-copia

img_0863-copia

 

Completar o camiño para que poida chegar ó seu destino:

A partir dun percorrido debuxado, con ocos no mesmo, e con indicacións escritas, completalo empregando os códigos de corres correspondentes e “construindo” os muros nos lugares que se indicada, para que o ozobot poida chegar ó seu destino final.

img_1132

img_1135

 

Cronometrando ós Ozobots:

Usando o modelo descargable cronometramos canto tarda en chegar ó final da liña con diferentes códigos de cores no medio, anotamos as cantidades no círculo.

 

Outras experiencias cos Ozobots:

Viaxando por Vigo cos Ozobots:

http://hablandoenlasnubes.blogspot.com.es/2016/04/viajando-por-vigo-con-ozobot.html?m=1