Descobre Prográmame, o creador de UDIs online… e moito máis

Prográmame é ademais dun xerador online de Unidades Didácticas Integradas, un sistema de xestión do currículum nas diferentes etapas, dispoñible na web recursoseducativos.net, co que poderás crear dun xeito doado UDIs  para infantil,  primaria ESO e Bacharelato, nestes dous últimos casos só algunhas áreas están dispoñibles xa que os seus currículums foron introducidos gracias a colaboración de mestres voluntarios.

Tamén poderás elaborar documentos como parte da programación de nivel, os diferentes perfís de área e competenciais e ata un modelo de ACS por estándares. Planifica o traballo na túa aula creando, cos datos introducidos na aplicación o teu dirario de clase por semana.

Para empregar este recurso precisarás estar rexistrado en recursos educativos (lembra que é de balde)

A finalidade desta aplicación, ademais de axudar na elaboración dos diferentes documentos curriculares tanto a nivel aula como centro, e a de facilitar a “posta sobre o papel” das UDIs para as tarefas a desenvolver nas alas de infantil e primaria, automatizando todo o posible o proceso de creación das mesmas, deste xeito:

  • Escollerás os estándares/indicadores, criterios e contidos facendo click co rato, tan só terás que ilos escollendo.
  • No momento en que escollas un estándard/indicador automáticamente será incluído o criterio de avaliación asociado.
  • En cada exercicio amosaranse só os contidos relacionados cos indicadores seleccionados para cada actividade, de xeito que sexa doado escoller entre eles.
  • Os estandares/indicadores seleccionados, aparecerán como referencia para a elaboración das rúbricas e a determinación dos restantes instrumentos de avaliación.
  • Automáticamente serán creados documentos das UDI e taboas de indicadores/estándares traballados e avaliados, que poderás empregar na programación de aula/ciclo.
  • Crearase, entre as páxinas da UDI, o esquema de relacións entre tarefa, activiades de exercicios.
  • Poderás introducir a concreción curricular de Infantil do teu centro, para poder usala en prográmame.

 

Se queres coñecer como funciona Prográmame podes botarlle unha ollada ó manual de usuario, onde atoparás tamén unha explicación do seu funcionamento, ou ben na canle de youtube AQUÍ.

www.recursoseducativos.net

www.programame.gal 

O programa inclúe os curríclums oficiais de educación Primaria, ESO e Bacharelato (estes últimos introducidos polos propios usuarios).

No caso de  Educación Infantil, carga por defecto a concreción curricular do do CEIP. Pedro Antonio Cerviño, baseado no currículum oficial de educación infantil, se ben podes engadir a elaborada no teu centro (só indicadores de logro) para poder empregala na aplicación (consulta o punto 3.1 do manual de axuda)