WeDo: Software oficial ou scratch?

SOFTWARE OFICIAL:

Unknown

Lego weDo conta cun software oficial (que se vende por separado) que ten un elevado prezo, adaptado ó alumnado, a través do cal poden ir construíndo nos primeiros momentos, paso a paso, os diferentes dispositivos e programalos con comandos moi sinxelos.

Este software é bastante caro (ten un prezo similar ó do propio pack inicial), e unha vez creados tódolos robots desexados poderá ser empregado para programar as diferentes accións do motor e sensores.

 

SCRATCH:

Unknown-1

Tamén podemos empregar co WeDo os software gratuito Scracht, co cal o alumnado pode programar dun xeito moi visual as accións do seu robot, pero neste caso non contaremos coas instruccións de montaxe dentro do propia aplicación.

Con Scratch poderemos programar as mesmas accións que no sofware oficial, e incluso contar con algunas máis, coa vantaxa de poder combinar as accións do robot co que se amosará na pantalla (animación, xogos…)

Ademáis o Scratch pode ser empregado con outros moitos rotobs educativos e para que os alumnos programen animacións e accións (se contar con ningún tipo de robot), polo que ofrece moitas posibilidades.

 

Traballar co weDo directamente con Scratch desde o primeiro momento?:

Non sería unha idea desabellada, teríamos que coñecer o funcionamento de Scratch (non tan inutitivo como o software oficial) pero tampouco excesivamente complexo, e deberíamos buscar as instruccións de montaxe dos primeiros robots (que si aparecen no software oficia e que podes descargar en pdf nas ligazóns seguintesl), xa que nas sucesivas creacións, cando estea familiariazado cos diferentes engranaxes,  será o propio alumnado quen deseñe os seus “robot” libremente.

O Scratch ven preinstalado nos equipos Abalar.

 

Ligazóns de interese:

– Descarga gratuita do Scratch

– Instruccións de montaxe dos primeiros robots WeDo en formato pdf

– Instruccións de montaxe da grúa, noria e casa+coche, coa versón extendida de WeDo en formato pdf

 

Exemplos do uso de weDo con scratch: Xornadas de “robótica para educación infantil e primaria” organizadas polo CFR de Pontevedra

http://www.edu.xunta.es/centros/cfrpontevedra/aulavirtual/mod/resource/view.php?id=6337

 

 

Guia rápida para o uso do sofware oficial weDo das “Xornadas de robótica para educación infantil e primaria” organizadas polo CFR de Pontevedra.