[PFPP] Deseñando e planificando tarefas, perfís e parte da programación coa aplicación Prográmame partindo do currículo

  • PFPP: “Deseñando tarefas con prográmame”.
  • PONENCIA: “Deseñando e planificando tarefas con Prográmame partindo do currículo”.
  • PONENTE: Óscar Abilleira Muñiz – oscar_abilleira@edu.xunta.es
  • LUGAR: CEIP. Amor Ruibal (Barro)
  • DATA: 15/10/2015 , 4/11/2015  (16:30 a 19:30 h.) – pendente de confirmar terceira data
  • LUGAR: CEIP. Antonio Magariños Pastoriza (Cambados)
  • DATA:  6/11/2015 , 4/11/2015  (16:00 a 19:00 h.) – pendente de confirmar  segunda e terceira data

De seguido podes descargar toda a documentación empregada e entregada na docencia así como acceder ás ligazóns comentadas durante a mesma. Os documentos atópanse en formato pdf.

 

 

XORNADA 1:

 

PRESENTACIÓN: "Proposta para planificar unha tarefa partindo do currículum, usando a aplicación prográmame" (pdf)

 

UNHA TAREFA REAL: “INVESTIGAMOS PARA RODAR UNHA PELÍCULA COMO AS DE CHAPLIN”

 

MÁNS Á OBRA: planificamos as nosas tarefas, creando a súa UDI, empregando a aplicación prográmame.

 

DOCUMENTACIÓN ADICIONAL:

POSIBLES MODELOS DE PARTIDA PARA ELABORAR OS PERFÍS DE ÁREA E COMPETENCIA:

PROGRÁMAME: aplicación online para xerar UDIS, perfís de área e a “parte (d) da programación”:

 

 

XORNADA 2:

  • Posta en común das UDIs das tarefas elaboradas: que problemas atopástedes?
  • Posta en común da posta en práctica na aula das tarefas elaboradas:  que problemas houbo?
  • A AVALIACIÓN: como avalia-las tarefas, áreas e Competencias Claves a partir dos estándares avaliables.
  • Como facer todo isto en «prográmame»?

UNHA TAREFA REAL:
A UDI desta tarefa está compartida como pública na aplicación Prográmame

 

Exemplos de tarefas nas aulas de Educación  Primaria

Ligazóns e exemplos de proxectos de traballo

 

 

LIGAZÓNS DE INTERESE:

 

 

[curso] Elaborando materiais didácticos: deseñando tarefas para aplicar na aula

  • CURSO: “Elaborando materiais didácticos para traballar as Competencias Clave”.
  • PONENCIA: “Elaborando materiais didácticos: deseñando tarefas para aplicar na aula”.
  • PONENTE: Óscar Abilleira Muñiz – oscar_abilleira@edu.xunta.es
  • LUGAR: CFR de Pontevedra
  • DATA: 21/10/2015  – 28/10/2015   (17:00 a 20:00 h.) – 25/11/2015  (17:00 a 19:00 h.)
  • LUGAR: CEIP. Mauel Rivero – Lalín
  • DATA: 21/10/2015  – 28/10/2015   (18:00 a 21:00 h.) – 25/11/2015  (18:00 a 20:00 h.)

De seguido podes descargar toda a documentación empregada e entregada na docencia así como acceder ás ligazóns comentadas durante a mesma. Os documentos atópanse en formato pdf.

 

XORNADA 1:

Presentación: Elaborando materiais didácticos - deseñando e planifando tarefas (pdf)

Analizando o proceso cunha tarefa real: “Investigamos para rodar unha película como as de Chaplin”

 

 

 

 

XORNADA 2:

Presentación: Continuaremos coa mesma presentación da xornada 1

DOCUMENTACIÓN ADICIONAL:

 

POSIBLES MODELOS DE PARTIDA PARA ELABORAR OS PERFÍS DE ÁREA E COMPETENCIA:

PROGRÁMAME: aplicación online para xerar UDIS e unha posible“parte (d) da programación”:

 

Exemplos de tarefas nas aulas de Educación  Primaria

 

Ligazóns e exemplos de proxectos de traballo

Tarefa «Ciencia ou ficción»: Experimentamos na aula.

 

XORNADA 3:

Presentación: Continuaremos coa mesma presentación da xornada 1

Presentación, reflexión e valoración das tarefas elaboradas polos asistentes ó longocurso nas diferentes docencias.

 

 

 

 

 

Ligazóns de interese:

 

[PFPP Carballo] Deseñando tarefas e poñéndoas en práctica nas aulas de infantil (e primaria)

  • PFPP: CEIP. Bergantiños (Carballo), CEIP. Nétoma-Razo (Carballo), CEIP. Fogar  (Carballo)
  • PONENTE: Óscar Abilleira Muñiz
  • PONENCIA: «Deseñando tarefas e poñéndoas en práctica nas aulas de infantil (e primaria)”.
  • LUGAR: CEIP. Bergantiños (Carballo)
  • DATAS: 5/11/2015   e  19/11/2015–  (17:30 a 20:30 h.)
  • LUGAR: CEIP. Nétoma-Razo (Carballo)
  • DATAS:  12/11/2015   e 14/1/2016–  (18:00 a 21:00 h.)
  • LUGAR: CEIP. Fogar  (Carballo)
  • DATAS:  11/11/2015   e 18/11/2015–  (17:00 a 20:00 h.)

De seguido podes descargar toda a documentación empregada na docencia así como acceder ás ligazóns comentadas durante a mesma.

 

 

XORNADA 1:  

PRESENTACIÓN: "Presentación e contextualización" (pdf)
PRESENTACIÓN: "Tarefas Integradas e Competencias clave" (pdf)
PRESENTACIÓN: "Ciencia ou ficción, unha tarefa experimentando na aula" (pdf)
PRESENTACIÓN: "Os proxectos de traballo: experiencias en Educación Infantil"(pdf)

 

TAREAFA: “INVESTIGAMOS PARA RODAR UNHA PELÍCULA COMO AS DE CHAPLIN”

Ligazóns e exemplos de proxectos de traballo

 

Documentos:

 

XORNADA 2:

PRESENTACIÓN: "Planificando tarefas e UDIS con prográmame, para levalas á aula"(pdf)
PRESENTACIÓN: "Outras tarefas nas aulas de Educación Infantil" (pdf)

 

DOCUMENTACIÓN ADICIONAL:

 

POSIBLES MODELOS DE PARTIDA PARA ELABORAR OS PERFÍS DE ÁREA E COMPETENCIA:

PROGRÁMAME: aplicación online para xerar UDIS e unha posible “parte (d) da programación”:

 

TAREFA: CIENCIA OU FICCIÓN?: EXPERIMENTANDO NA AULA

 

 

Exemplos de tarefas nas aulas de Educación  Primaria

 

 

 

 

 

Ligazóns de interese:

 

 

Descobre Prográmame, o creador de UDIs online… e moito máis

Prográmame é ademais dun xerador online de Unidades Didácticas Integradas, un sistema de xestión do currículum nas diferentes etapas, dispoñible na web recursoseducativos.net, co que poderás crear dun xeito doado UDIs  para infantil,  primaria ESO e Bacharelato, nestes dous últimos casos só algunhas áreas están dispoñibles xa que os seus currículums foron introducidos gracias a colaboración de mestres voluntarios.

Tamén poderás elaborar documentos como parte da programación de nivel, os diferentes perfís de área e competenciais e ata un modelo de ACS por estándares. Planifica o traballo na túa aula creando, cos datos introducidos na aplicación o teu dirario de clase por semana.

Para empregar este recurso precisarás estar rexistrado en recursos educativos (lembra que é de balde)

A finalidade desta aplicación, ademais de axudar na elaboración dos diferentes documentos curriculares tanto a nivel aula como centro, e a de facilitar a «posta sobre o papel» das UDIs para as tarefas a desenvolver nas alas de infantil e primaria, automatizando todo o posible o proceso de creación das mesmas, deste xeito:

  • Escollerás os estándares/indicadores, criterios e contidos facendo click co rato, tan só terás que ilos escollendo.
  • No momento en que escollas un estándard/indicador automáticamente será incluído o criterio de avaliación asociado.
  • En cada exercicio amosaranse só os contidos relacionados cos indicadores seleccionados para cada actividade, de xeito que sexa doado escoller entre eles.
  • Os estandares/indicadores seleccionados, aparecerán como referencia para a elaboración das rúbricas e a determinación dos restantes instrumentos de avaliación.
  • Automáticamente serán creados documentos das UDI e taboas de indicadores/estándares traballados e avaliados, que poderás empregar na programación de aula/ciclo.
  • Crearase, entre as páxinas da UDI, o esquema de relacións entre tarefa, activiades de exercicios.
  • Poderás introducir a concreción curricular de Infantil do teu centro, para poder usala en prográmame.

Se queres coñecer como funciona Prográmame podes botarlle unha ollada ó manual de usuario, onde atoparás tamén unha explicación do seu funcionamento, ou ben na canle de youtube AQUÍ.

www.recursoseducativos.net

https://programame.abrir.gal

O programa inclúe os curríclums oficiais de educación Primaria, ESO e Bacharelato (estes últimos introducidos polos propios usuarios).

No caso de  Educación Infantil, carga por defecto a concreción curricular do do CEIP. Pedro Antonio Cerviño, baseado no currículum oficial de educación infantil, se ben podes engadir a elaborada no teu centro (só indicadores de logro) para poder empregala na aplicación (consulta o punto 3.1 do manual de axuda)

9/5/2015 – Traballando por tarefas e UDIs nas aulas de Educación Infantil

  • CURSO: “III Encontros de Educación Infantil e Primaria”
  • TÍTULO DOS ENCONTROS:  “Intelixencias múltiples e Competencias Clave”
  • PONENCIA: “Traballando por tarefas e UDIs nas aulas de infantil”.
  • LUGAR: Auditorio Abanca – Santiago – CAFI
  • DATA: 9/5/2015  –  (12:30 a 14:00 h.)
  • PONENTE: Óscar Abilleira Muñiz

De seguido podes descargar toda a documentación empregada na docencia así como acceder ás ligazóns comentadas durante a mesma.

 

 

TRABALLANDO POR TAREFAS E UDIS EN INFANTIL

 

 

 

TAREFA: “INVESTIGAMOS PARA RODAR UNHA PELÍCULA COMO AS DE CHAPLIN”

 

CIENCIA OU FICCIÓN?: EXPERIMENTANDO NA AULA

 

A COMPETENCIA DIXITAL NAS AULAS DE INFANTIL:

9/4/2015 – Experiencias prácticas para introducir tarefas integradas nas aulas

  • SEMINARIO: “As competencias clave: reprogramando”.
  • PONENCIA: “Experiencias prácticas para introducir tarefas integrandas nas aulas”.
  • LUGAR: CRA de Teo
  • DATA: 9/4/2015  –  (16:30 a 19:30 h.)
  • PONENTE: Óscar Abilleira Muñiz – oscar_abilleira@edu.xunta.es

De seguido podes descargar toda a documentación empregada e entregada na docencia así como acceder ás ligazóns comentadas durante a mesma. Os documentos atópanse en formato pdf.

 

PRESENTACIÓN: contextualización das experiencias que se van presentar:

Presentación e contextualización das diferentes experiencias reais que se presentarán nesta docencia, así como das características do centro e alumnado cos que se puxeron e práctica.

 

BLOQUE 1:  As tarefas integradas como vía para traballar as competencias clave nas aulas

Neste primeiro bloque lembraremos o tratado na sesión de docencia anterior. Partiremos do que é unha competencia clave, e da súa presencia no currículum, para tentar entender, a través de un proceso de reflexión do grupo, por que o traballo con tarefas é a vía para traballar as competencias clave.

 

 

BLOQUE 2: Exemplos reais de tarefas nas aulas de infantil e primaria:

Neste segundo bloque presentaranse casos reais de tarefas postas en práctica nas aulas do noso centro:

 

Explicación e seguimento con entradas no blog de «infantil 2» da web do meu centro da tarefa «Ciencia ou ficción»

 

Entradas no blog de infantil 2 da web do meu centro sobre outras tarefas do día a día na aula:

 

 

 

BLOQUE 3:  Os proxectos de traballo na aulas: «unha tarefa de tarefas»

Neste terceiro bloque afondaremos nos proxectos de traballo, como un tipo concreto de tarefa, que por moitos é considerado a «tarefa de tarefas» ó poñer en funcioamento na súa posta en práctica tódalas competencias clave, con especial fincapé na de «aprender a aprender».

 

Ligazóns ós proxectos de traballo presentadas de ciencias naturais.

Ligazóns a outros proxectos de traballo de historia (ciencias sociais)

Proxecto de traballo neste momento nas aulas de infantil:

 

 

 

BLOQUE 4:  Elaborando Unidades Didácticas Integradas e reflexionando sobre a programación:  Como planificamos e plasmamos por escrito as tarefas que levaremos a cabo na aula?

No cuarto e último bloque, plantexaremos de que forma podemos planificar e plasmar por escrito as diferentes tarefas que vaiamos a levar á aula, partindo sempre dos currículums tanto de infantil como de primaria, así chegaremos ó concepto de U.D.I.. Tentaremos facer unha reflexión sobre a elaboración das programacións didácticas.

 

 Outras ligazóns de interese:

2/3/2015 – Experiencias coa ciencia nas aulas de Educación Infantil

  • CURSO: «A ciencia nas aulas de Educación Infantil e Primaria».
  • PONENCIA: «Experiencias coa ciencia nas aulas de Educación Infantil».
  • LUGAR: C.F.R. de Pontevedra
  • DATA: 2/3/2015  –  (17:00 a 20:00 h.)
  • PONENTE: Óscar Abilleira Muñiz

De seguido podes descargar toda a documentación empregada e entregada na docencia así como acceder ás ligazóns comentadas durante a mesma.

 

Presentación, contextualización  e principios de actuación docente na aula

Guión da ponencia (entregada en papel)

Presentación empregada:

 

 BLOQUE 1: Experimentos científicos dentro dunha tarefa: «Ciencia ou ficción»

Presentación empregada:

Material presentado:

Entradas no blogue do recanto de infantil 2 sobre esta tarefa:

 

BLOQUE 2: «Experiencias científicas que xurden no día a día na aula»:

Presentación empregada:

Material presentado:

Ligazóns á experiencias presentadas:

 

 BLOQUE 3: «Proxectos de traballo e investigación: experiencias científicas como  centro dunha tarefa»:

Presentación empregada:

Material presentado:

Ligazóns ós proxectos de traballo presentadas de ciencias naturais.

Ligazóns a outros proxectos de traballo de historia (ciencias sociais)

Proxecto de traballo neste momento nas aulas de infantil:

 

BLOQUE 4: «O recanto de ciencias na aula»:

Presentación empregada:

Materiais presentados:

 

 Outras ligazóns de interese:

Como crear a túa propia mesa de luz

Nas aulas de infantil do meu centro introducimos as «mesas de luz» que permiten explorar as propiedades da luz dun xeito lúdico á vez que desenvolvemenos a creatividade dos nosos alumnos e alumnas.

Ó construilas, despóis de varias probas, fomos descubrindo a mellor forma de facela  e agora queremos compartir as instruccións de montaxe con aquelas persoas interesadas en facer unha para a súa aula.

 (fai click nas imaxes para amplialas)

Ó final conseguiredes unha mesa de luz con estas características:

2015-01-22 11.03.05– Funciona cun mando a distancia para encendela e apagala.

– Permite cambiar o cor da luz que emite co propio mando a distancia,

– É totalmente segura, xa que as conexións van ocultas e fora do alcance do alumno e a iluminación e LED de baixo consumo e sen emitir calor.

– A superficie ó tratarse dunha plancha de metacrilato ofrece suficiente resistencia para que poida ser empregada por nenos e nenas.

– Permite explorar as propiedades da luz empregando diferentes obxectos translúcidos, transparentes e opacos.

 

 

Materiais que empregamos:

  • Mesa de IKEA (LÄT): empregamos esta porque ten un custo reducido e permite cambiar a parte superior por unha plancha de metracrilato encaixada nas marcas da mesa, tamén permite empregar a plancha superior orixinal como soporte para os leds. Podes vela directamente desde aquí, na web de Ikea.  Podería empregarse calquera outra mesa na que fose posible sustituir a superficie superior.
  • Rectángulo de metacrilato (ou plástico ríxido) do mesmo tamaño da tapa superior da mesa. (os cortes das esquinas fixémolos cun alicates e moito coidado 😉
  • Tira de leds de 5 metros, con mando a distancia e diferentes cores. (inicialmente empregamos barras alóxenas brancas pero non daban  luz suficiente, ademais poder cambiar a cor da mesa é éxito segurado cos rapaces e rapazas).  No noso caso empregamos unha tira de leds similar a esta que atopamos en ebay, que é autoadhesiva.
  • Plancha de plástico translúcido ou similar (dos que se fixan con electrícidade estática ás ventás) para difuminar a luz que emiten os leds (se o metacrilato xa é translúcido e non transparente non sería necesaria)
  • Tornillos ou similar para fixar a tapa cos leds na parte inferior, introducíndoos nas patas.

 

Como a construímos?

1.- Conseguimos unha plancha de metacrilato ou plástico ríxido das mesmas dimensións que as que inclúe a tapa superiror da mesa. Podedes levar a propia tapa, e con sorte, vos cortarán unha plancha do mesmo tamaño incluídos o pequenos cortes das esquinas, senón con coidado e un alicates poderán facerse.

2.- Nun dos lados do metacrilato fixamos o plástico translúcido (opcional)

3.- Montamos a mesa e introducimos a plancha de metacrilato no lugar onde debería ir a tapa orixinal (paso 3 do manual de instruccións de montaxe da mesa LÄT). Rematamos de montar a mesa seguindo as instruccións. É importante colocar a parte co plástico translúcido cara adentro, no caso de incluir este plástico.

DSC_0007

4.- Na plancha de madeira, que orixinalmente era a tapa da mesa, pola súa parte branca (para mellorar a reflexión da luz), fomos pegando en zigzag os leds pola cara do adhesivo. Nas «curvas» procurar que os leds miren cara adentro para non perder esa luz.

uEDhdcioQrrdLy5SpT9Np3MRoOz5WZVYqi-VMWdcs4Q

5.- Unha vez pegada a tira asegurámonos de que funcione correctamente conectando o cable a un dos extremos e fixando o outro (que quedará sen conectar) dentro do tabloeiro de xeito que quede oculto dentro da mesa.

 

6.- Fixamos a táboa cos leds na parte inferior da mesa, introducindo un tornillo ou similar nas patas, para evitar que o taboleiro se desplazce e quede pegado á parte superior da mesa. Na imaxe poden verse os dous extremos do cable fora da mesa, pero finalmente un deles, o que no será conectado, quedou recollido dentro da propia mesa.

Kgra5ZRdsGitkIAtgQM3HgdkrHE83sMmmTtwZvjuVIY

 

7.- Para evitar «que fuxa a luz» co paso do tempo cando a «taboa inferior» se vaia dobrando, podemos fixar uns parafusos entre a estructura da mesa e a tapa, de xeito que «toque ambas partes», deste xeito quedará fixada a parte inferior, incluso co paso do tempo.

IMG_1660

 

8.- Conectamos o cable con enchufe á corriente e fixamos o recepor do mando a distancia nun lateral da mesa, de xeito que quede á vista e detecte a sinal do mando.

 

E este será o resultado:

DSC061252015-01-22 11.03.05

 

Nós fixamos o mando a distancia na parede con belcro, de xeito que poida ser usado e gardado sen que se perda.

Tamén conectamos á mesa a rede eléctrica a través dunha regleta con interruptor, de xeito que poidan apagarse os leds por completo cando no se usen e non queden cunha «feble luz» pese a apagalos co mando a distancia.

 

 

 

 

 

Actividades para facer co Pro-bot nas aulas

Propostas de actividades para empregar o pro-bot na aula:

calendarioOs contidos desta entrada vanse actualizado con novas aportacións e ideas, como resultado da posta en práctica real nas aulas. Lembra visitarnos períodicamente para ver novas propostas.

 

EXPERIENCIAS REAIS CO PRO-BOT NA MIÑA AULA:

http://edu.xunta.es/centros/ceipcervinho/?q=node/1982

http://edu.xunta.es/centros/ceipcervinho/?q=node/2413

 

SEGUIR LIÑAS DE DIFERENTES LONXITUDES:

Programar o probot para que faga o recorrido da liña, medindo previamente a distancia de cada unha delas. Nun segundo momento pídese que ademáis se programe a volta (sen xiralo senón percorrelo marcha atrás)

DSC06028  DSC06029

DSC06023

 

 

FACER COMPARATIVAS DE PERCORRIDOS ENTRE O BEEBOT E O PROBOT

Plantexar hipóteses para ver canto queremos que avance cada un deles a finalidade e observar que ambos empregan distintas maginitudes. Marcar «5» no probot supón avanzar 15cm de cada vez, mentras que no probot avanza 5 cm.

DSC06032

 

DISTANCIAS E RUTAS SOBRE PAPEL CONTINUO:

Trazar ruta despazándose unha cantidade determinada:

Empregando un metro calcúlase a distancia que desexamos que se desplace, programándoo no probot.

DSC05366

 

Percorrer unha ruta debuxada:

Empregando diferentes utensilios de medida de lonxitude e ángulos, calcular que distancias ten que desplazarse se que xiros (en que cantidade) se teñen que programar para que faga o percorrido marcado.

DSC05369

 

Duplicar unha ruta trazada:

Insertando un rotulador, e empregando instrumentos de medición, pídese que se trace o mesmo percorrido que o que figura ó lado, debendo programar tanto os desprazamentos como os xiros (en graos axeitados)

DSC05372