Usar Chroma key con CapCut (móbiles e tabletas)

En CapCut, para superpoñer un vídeo ou imaxe, e facer o seu  fondo transparente (se este ten unha cor única por exemplo verde), co efecto “chroma key”, deberemos:

0 – Engadimos o/os vídeo/s (ou imaxe/s) que estarán de fondo no vídeo.

1 – Sen escoller ningunha pista do vídeo e escollemos a opción “superposición” do menú inferior (se escollemos unha pista o menú que aparece é diferente):

2 – No seguinte menú que aparecerá, elixiremos a opción “agregar superposición”, para engadir “enriba” o vídeo/imaxe teña o fondo dunha cor (por exemplo verde), que queremos facer transparente, modo que se vexa o vídeo/imaxe que temos debaixo.

3 – Escollemos o vídeo na liña de temo e no mneú eliximos a opción “eliminar fondo”

4 – No seguinte menú escollemos “crhoma key”

5 – Tocamos en “selección de colores” e, no vídeo, tocamos na cor que queremos que se convirta en transparente, neste caso o verde. Poderemos xogar coas opcións “intensidade” e “sombra” para mellorar o efecto.

Descarga o vídeo co efecto “explosión” con fondo verde AQUÍ.