Actividades para facer co beebot na aula

Propostas de actividades para empregar o beebot na aula:

calendarioOs contidos desta entrada vanse actualizado con novas aportacións e ideas, como resultado da posta en práctica real nas aulas. Lembra visitarnos períodicamente para ver novas propostas.

 

Experiencias reais na miña aula (blog de Infantil 2 do C.E.I.P. Pedro Antonio Cerviño)

http://edu.xunta.es/centros/ceipcervinho/?q=node/1925

http://edu.xunta.es/centros/ceipcervinho/?q=node/1982

http://edu.xunta.es/centros/ceipcervinho/?q=node/2413

 

XOGA ONLINE CO BEEBOT:

Xogo en proceso de construcción, pero xa operativo, de forma periódica irei engadindo novos niveis e funcionalidades.

Na creación de este xogo empreguei os mesmos elementos que usamos na aula (bloques de edificios e baldosas de diferentes cores), de xeito que a programación virtual poida logo pasarse á programación co beebot real.

 

ABRIR NUNHA VENTÁ NOVA A PANTALLA COMPLETA

Abrir o proxecto na páxina de Scratch para acceder ó código

 

 

FOLLA DE PLANIFICACIÓN DE RUTA:

As actividades aquí propostas poden incluir o uso destas desta folla de planificación, na cal cada equipo co beebot, pode plantexar o camiño que deberá percorrer na grella real.

 

FOLLA PARA A LISTA DA COMPRA:

 

GRELLA TRANSPARENTE:

A grella transparente empregada nestas actividades está elaborada sobre “hule transparente” debuxando unha cuadrícula de 15×15 cm cada un. Empregamos hule e non forro xa que é máis duro e non é tan propenso ás arrugas ó gardarse, de xeito que basta enrollala para evitar dobleces. O feito de ser transparente permite situar debaixo figuras ou escenas planas para las diferentes actividades.

 

CUBOS  CON ESTABLECECEMENTOS/EDIFICIOS:

cuboIMG-20141103-WA0003

Os bloques que fan de “establecementos” están feitos a partir de cubos de porexpan de 15x15x15 cm (que poden mercarse en tendas de manualidades ou similares), nas que foron pegadas imaxes con tamaño 15×15 cm previamente plastificadas e pegadas con cinta adhesiva. O teito é a imaxe dunha parede impresa no mesmo tamaño e plastificada.

As fachadas dos establecementos foron descargados desde estas ligazóns: ligazon 1 , ligazón 

Podes descargar a imaxe que empreguei como tellado/parede aquí.

Nota: Baseada na idea presentada por J.M. Zunzunegui nas xornadas de robótica para infantil e primaria organizadas polo CFR de Pontevedra en outubro de 2014

 

BALDOSAS DE GOMA-EVA:

Un xeito doado de trazar camiños coa grella transparente é empregar cadrados de gomaeva de 15×15 cm, combinando diferetes cores o propio alumnado pode “crear o escenario” seguindo as consignas indicadas, acodadas ou plasmadas no plano.

DSC05299

 

 

A CIDADE DO BEEBOT:

Nunha cidade o beebot ten que recorrer diferentes establecementos para “facer a lista de recados” ou “lista da compra” que se indique. A dificultade do percorrido dependerá das sucesivas tarefas que se sinalen en cada caso.

Material:

  • grella nun hule transparente
  • cubos con establecementos pegados nas súas caras.
  • un beebot
  • unha lista “da compra ou tarefas”


Nota: Baseada na idea presentada por J.M. Zunzunegui  nas xornadas de robótica para infantil e primaria organizadas polo CFR de Pontevedra en outubro de 2014

 

 

ORIENTACIÓN ESPACIAL: 

SEGUE O CAMIÑO DE CORES CO BEEBOT:

Plantéxase que o beebot percorra o camiño sinalado nunha cor determinada. Este está formado por cadrados de goma-eva situadas debaixo da grella transparente.

Material:

  • grella nun hule transparente
  • cadrados de goma-eva de diferentes cores para trazar os camiños
  • Un ou dous beebots

 

PLANIFICANDO A RUTA:

En ocasións pode interesarnos que sexan os propios alumnos quenes deseñen a ruta (empregando a plantilla correspondente), para logo “levala á realidade” e finalmente programar o beebot para que faga o recorrido. Facelo de xeito grupal permite fai que os integrantes do equipo teñan que acordar o deseño, a posta en práctica e a programación do beebot.

DSC05383 DSC05390

 

 

CAL É  O CAMIÑO MÁIS CURTO:

Escolle co beebot o camiño máis curto, alternativamente poderían empregarse dous beebot para controlar a difereza de tempo necesario para facer un camiño ou outro.

Material:

  • grella nun hule transparente
  • cadrados de goma-eva de diferentes cores para trazar os camiños
  • Un ou dous beebots

doscaminos

 

 

LÓXICA MATEMÁTICA:

 

RECTA NUMÉRICA:

Nunha grella transparente  baixo a que se poden ir situando os números (ou imaxes coas cantidades que representan). Pídese que desplacen ó beebot ata determinado número, que volte atrás ata outro número e incluso pode complicarse máis indicando que “vaia a o número x espere e logo vaia ata o número y”.

Pode empregarse tamén para facer exercicios de cálculos simples coa serie numérica: Canto ten que andar o Beebot para ir do número x ó y… cantos ten que “voltar atrás”, desplaza o beebot ata a metade de X número, o doble….

DSC05456

 

 

COAS  CORES:

Primeira aproximación ó beebot (cos de tres anos)… pídese que desplacen o beebot por unha única “liña” ata a cor indicada, contando os cadros necesarios… paulatinamente vaise incrementando a dificultade incluíndo baldosas de dúas cores e pedindo que se  desplace a unha en concreto (ainda que teña que pasar sobre a mesma)

DSC05503

 

COAS LETRAS:

As baldosas coas letras son as mesmas empregadas en propostas anteriores, ás que se lle pegaron as diferentes letras pola parte traseira. Empregamos baldosas da mesma cor.

Localizar as vogais do seu nome nunha liña de letras: para os máis pequenos, pode ir complicándose pedindo que percorra a liña buscando as vogais do seu nome en orde (cara adiante e cara a atrás)

DSC05987

 

Buscar as letras do nome propio nunha grella con tódalas letras: para os de máis idade buscar as iniciais do nome, ou en momento moito máis avanzados pedir que se faga o percorrido buscando tódalas letras do seu nome en orde.

DSC05994

Evidentemente  as propostas que aquí se fan co nome propio se aplican a outro tipo de vocabulario presente na aula.

 

Desplazar o beebot tanto como indique o número, pero sen saír da grella, de xeito que teñan que “planificar” unha ruta para números moi elevados.

beebot

 

 

Fai click nas imaxes para amplialas.

 

 

LABIRINTOS:

Con bloques de construccións poden crearse labirintos polos que o Beebot ten que desplazarse para atopar o camiño correcto sen derrubar ningunha peza.

DSC05702

 

INVENTANDO E PROGRAMANDO CÓDIGO SOBRE O PAPEL:

Plantilla imprimible para a planificación de código (diagrama de código) – pdf

Podemos deseñar un percorrido co beebot, escribindo un código para logo programalo no robot e verificar se se comporta como agardamos. A simboloxía do código pode ser acordada e diseñada conxuntamente co alumnado ou ben empregando a notación standard dos diagramas de fluxo.

Fai click nas imaxes para ampliar:

DSC06790 DSC06792

 

Podemos solicitar que se plasme na grella a situación de diferentes edificios lendo (con lectura convencional ou non) o que pon en cada celda.

DSC06888DSC06890

 

 

Podemos pedir que fagan hipóteses “lendo” e interpretando a programación co código sobre o papel, de onde chegará o beebot se se lle introduce dito código, incluso podemos colorear sobre o papel o percorrido que agardamos que fará e contrastalo co que finalmente faga.

 

DSC06893

 

 

 

Ligazóns con outras propostas de actividades na rede:

http://olmedarein7.wix.com/roboticainfantil#!actividades/c1se

 

 

Como usar o pro-bot?

 

Guía rápida creada por Susana Oubiña Falcón  para as xornadas sobre “robótica na educación infantil e primaria” organizadas polo CFR de Pontevedra.

 

Instruccións de montaxe weDo en pdf

Estes documentos en pdf inclúen as instruccións de montaxe con WEDO

CO KIT  BÁSICO WE-DO:  (incluido no software oficial)

pajaro 9580_model_05 9580_model_03 9580_model_029580_model_04

9580_model_09   9580_model_11  9580_model_07   9580_model_08  9580_model_12 9580_model_06   9580_model_10

 

 

CON 1 KIT BÁSICO +  1  KIT DE EXPANSIÓN:  (incluido no software oficial de expansión)

ITEM_2842_FOTOPROD ITEM_2841_FOTOPROD

 

 

Nota: pdf descargados  da web ro-botica.es

 

CREACIÓNS NON OFICIAIS DE LEGO CON WEDO:

Algúns obxectos diferentes para facer co wedo (co proceso de montaxe):

http://www.wedobots.com/2014/09/even-more-wedo-designs-from-peru.html  

 

Visita a web http://www.wedobots.com para atopar outras moitas ideas

WeDo: Software oficial ou scratch?

SOFTWARE OFICIAL:

Unknown

Lego weDo conta cun software oficial (que se vende por separado) que ten un elevado prezo, adaptado ó alumnado, a través do cal poden ir construíndo nos primeiros momentos, paso a paso, os diferentes dispositivos e programalos con comandos moi sinxelos.

Este software é bastante caro (ten un prezo similar ó do propio pack inicial), e unha vez creados tódolos robots desexados poderá ser empregado para programar as diferentes accións do motor e sensores.

 

SCRATCH:

Unknown-1

Tamén podemos empregar co WeDo os software gratuito Scracht, co cal o alumnado pode programar dun xeito moi visual as accións do seu robot, pero neste caso non contaremos coas instruccións de montaxe dentro do propia aplicación.

Con Scratch poderemos programar as mesmas accións que no sofware oficial, e incluso contar con algunas máis, coa vantaxa de poder combinar as accións do robot co que se amosará na pantalla (animación, xogos…)

Ademáis o Scratch pode ser empregado con outros moitos rotobs educativos e para que os alumnos programen animacións e accións (se contar con ningún tipo de robot), polo que ofrece moitas posibilidades.

 

Traballar co weDo directamente con Scratch desde o primeiro momento?:

Non sería unha idea desabellada, teríamos que coñecer o funcionamento de Scratch (non tan inutitivo como o software oficial) pero tampouco excesivamente complexo, e deberíamos buscar as instruccións de montaxe dos primeiros robots (que si aparecen no software oficia e que podes descargar en pdf nas ligazóns seguintesl), xa que nas sucesivas creacións, cando estea familiariazado cos diferentes engranaxes,  será o propio alumnado quen deseñe os seus “robot” libremente.

O Scratch ven preinstalado nos equipos Abalar.

 

Ligazóns de interese:

– Descarga gratuita do Scratch

– Instruccións de montaxe dos primeiros robots WeDo en formato pdf

– Instruccións de montaxe da grúa, noria e casa+coche, coa versón extendida de WeDo en formato pdf

 

Exemplos do uso de weDo con scratch: Xornadas de “robótica para educación infantil e primaria” organizadas polo CFR de Pontevedra

http://www.edu.xunta.es/centros/cfrpontevedra/aulavirtual/mod/resource/view.php?id=6337

 

 

Guia rápida para o uso do sofware oficial weDo das “Xornadas de robótica para educación infantil e primaria” organizadas polo CFR de Pontevedra.

Vídeos de exemplo dos robots weDo

RETO WEDO: propúxose ó alumnado por grupos que creasen un “coche” que puidese moverse adiante e atrás… e estes foron os resultados.

 

PROGRAMADOS CO SOFTWARE DE LEGO:

 

 

 

PROGRAMADOS CON SCRATCH:

 

 

ALUMNADO DE PRIMARIA E SECUNDARIA TRABALLANDO E PROGRAMANDO OS ROBOTS weDo