Traballando co mBot 2

A diferencia da versión anterior (mBot 1), esta nova versión inclúe unha placa co microprocesador “CyberPi”, que pode acoplarse e desacoplarse do chasis do mBot2. Esta nota tarxeta “CyberPi” permite engadir máis sensores así como algúns máis potentes, que non eran soportados pola versión 1. Conta ademais con sensores xa incoroprados (na vesión 1 había que conectalos todos) e mellora a conectividade bluetooth do mesmo.

Diferencias entre Mbot e Mbot 2:  

M-bot 2 en robotix.es: información, descargas e opción de compra: https://www.robotix.es/es/mbot-2 

O mBot 2 conta con varios sensores xa incluídos, e conectados ao móduo “Cyberpi”, a diferencia do mBot 1 onde todos tiñan que ir conectados externamente. Ademais deles podemos conectarlle outros moitos sensores “mBuild” que se poden mercar por separado.

A diferencia da versión 1 do mBot, neste caso non é preciso empregar ningún tipo de cable para conectalos, simplemente haberá que “inserir” o sensor ou acuador no lugar correspondente.

Ao igual que o mBot 1 poderemos empregar as pezas de estructura de makeblock de metal.

Podes conectar o mBot 2 ao teu ordenador ben por cable ou de modo inarámico. Ver que opcións de programación permite cada tipo de conexión no seguinte apartado.

  • Como estaremos usando a versión mBlock 5 online: deberemos, unha vez teñamos engadido mbot como robot de traballo, premer o botón “conectar” que aparece na parte inferior esquerda, e escolleremos o tipo de conexión.

Podemos conectar o noso ordenador ao mBot 2, ademais de por cable, de modo inarámico, para poder manexalo en tempo real (programación en vivo). Deste xeito as dúas conexións posibles que temos para a “programación en vivo” son:

  • Por bluetooth: precisaremos que o noso equipo teña un bluetooth 4.0 ou superior (ver máis abaixo para solucionalo se non se ten)
  • Por cable usb: limitando os movementos cando se programa en vivo, á lonxitude do cable.

Se o que queremos e cargar o programa, e non programar en vivo, a conexion por cable usb será suficiente, se ben tamén se podría facer por bluetooth.

Para poder usar o mBlock (versión 5 ou superior) co mBot2 deberemos de asegurarnos do seguinte:

  1. Ter engadido na parte de dispositivos o “Cyberpy”, se é que non aparece por defecto.
  2. Ter engadido na parte de extensións “Placa de expansión para mBot2”. De non facer esto non teremos acceso a controlar “o propio mBot” (motores, sensores… incluídos no chasis do mBot)

A diferencia do mBot 1, co mBot2 poderemos usar como “eventos”, ademais do teclado, a “bandeira verde” ou o “programa” (cando non traballemos en vivo); tamén os propios botóns e sensores do módulo “cyberpi” que controla a robot, e así os veremos aparecer en “eventos”

Unha vez creado o código, se temos marcado “en vivo” poderemos executalo en tempo real. Se temos marcado “cargar”, deberemos conectar o cable usb, cargar o programa e, unha vez desconectado, cada vez que se encedenda executará dito programa.

Segundo queiras manexar o mBot2 “en vivo” ou “cargándoo” emprega unha ou outra das seguintes estructuras:

Para poder conectar o noso ordenador co mBot 2 por medio de bluetooth, o noso ordenador deberá contar con bluetooth 4.0 ou superior, ou ben usar un “adaptador bluetooth 4.0 ou superior” que conectar ao mesmo.

Se ben existe un “adaptador usb oficial de makeblock”, que se conecta ao ordenador e permite conectarse sempre co mBot 2 por bluetooth, existen no mercado adaptadores bluetooth 4.0 moito máis baratos que permiten facer posible a conexión.

Se o teu ordenador, xa conta con Bluetooth 4.0, non debería ter problemas de conexión co mBot 2, en todo caso, poderías incluso empregar calquera adaptador, dos antes sinalados e acadarías a conexión.

Podes mercar un adaptador adaptador usb – bluetooth 4.0, a un prezo razonable na seguinte ligazón (comprobado que funciona cos equipos Edixgal do alumnado, debes arrancar o equipo co adaptador conectado). Se ben calquera debería funcionar sen problema.

Tamén podes optar polo adaptador oficial de makeblock, moito máis caro, nas seguintes ligazóns.

Ten en conta, antes de mercar calquera destes adaptadores, que debes verificar que non sexa posible conectarse directamente usando o bluetooth do propio ordenador (caso de contar con bluetooth 4.0 xa non sería preciso un adatador). Do mesmo xeito, antes de optar polo “modelo oficial, tenta probar con outros dataptadores bluetooth-usb, 4.0 máis baratos.