Traballando co mBot 2

A diferencia da versión anterior (mBot 1), esta nova versión inclúe unha placa co microprocesador «CyberPi», que pode acoplarse e desacoplarse do chasis do mBot2. Esta nota tarxeta «CyberPi» permite engadir máis sensores así como algúns máis potentes, que non eran soportados pola versión 1. Conta ademais con sensores xa incoroprados (na vesión 1 había que conectalos todos) e mellora a conectividade bluetooth do mesmo.

Diferencias entre Mbot e Mbot 2:  

M-bot 2 en robotix.es: información, descargas e opción de compra: https://www.robotix.es/es/mbot-2 

O mBot 2 conta con varios sensores xa incluídos, e conectados ao móduo «Cyberpi», a diferencia do mBot 1 onde todos tiñan que ir conectados externamente. Ademais deles podemos conectarlle outros moitos sensores «mBuild» que se poden mercar por separado.

A diferencia da versión 1 do mBot, neste caso non é preciso empregar ningún tipo de cable para conectalos, simplemente haberá que «inserir» o sensor ou acuador no lugar correspondente.

Ao igual que o mBot 1 poderemos empregar as pezas de estructura de makeblock de metal.

Podes conectar o mBot 2 ao teu ordenador ben por cable ou de modo inarámico. Ver que opcións de programación permite cada tipo de conexión no seguinte apartado.

  • Como estaremos usando a versión mBlock 5 online: deberemos, unha vez teñamos engadido mbot como robot de traballo, premer o botón «conectar» que aparece na parte inferior esquerda, e escolleremos o tipo de conexión.

Podemos conectar o noso ordenador ao mBot 2, ademais de por cable, de modo inarámico, para poder manexalo en tempo real (programación en vivo). Deste xeito as dúas conexións posibles que temos para a «programación en vivo» son:

  • Por bluetooth: precisaremos que o noso equipo teña un bluetooth 4.0 ou superior (ver máis abaixo para solucionalo se non se ten)
  • Por cable usb: limitando os movementos cando se programa en vivo, á lonxitude do cable.

Se o que queremos e cargar o programa, e non programar en vivo, a conexion por cable usb será suficiente, se ben tamén se podría facer por bluetooth.

Para poder usar o mBlock (versión 5 ou superior) co mBot2 deberemos de asegurarnos do seguinte:

  1. Ter engadido na parte de dispositivos o «Cyberpy», se é que non aparece por defecto.
  2. Ter engadido na parte de extensións «Placa de expansión para mBot2». De non facer esto non teremos acceso a controlar «o propio mBot» (motores, sensores… incluídos no chasis do mBot)

A diferencia do mBot 1, co mBot2 poderemos usar como «eventos», ademais do teclado, a «bandeira verde» ou o «programa» (cando non traballemos en vivo); tamén os propios botóns e sensores do módulo «cyberpi» que controla a robot, e así os veremos aparecer en «eventos»

Unha vez creado o código, se temos marcado «en vivo» poderemos executalo en tempo real. Se temos marcado «cargar», deberemos conectar o cable usb, cargar o programa e, unha vez desconectado, cada vez que se encedenda executará dito programa.

Segundo queiras manexar o mBot2 «en vivo» ou «cargándoo» emprega unha ou outra das seguintes estructuras:

Para poder conectar o noso ordenador co mBot 2 por medio de bluetooth, o noso ordenador deberá contar con bluetooth 4.0 ou superior, ou ben usar un «adaptador bluetooth 4.0 ou superior» que conectar ao mesmo.

Se ben existe un «adaptador usb oficial de makeblock», que se conecta ao ordenador e permite conectarse sempre co mBot 2 por bluetooth, existen no mercado adaptadores bluetooth 4.0 moito máis baratos que permiten facer posible a conexión.

Se o teu ordenador, xa conta con Bluetooth 4.0, non debería ter problemas de conexión co mBot 2, en todo caso, poderías incluso empregar calquera adaptador, dos antes sinalados e acadarías a conexión.

Podes mercar un adaptador adaptador usb – bluetooth 4.0, a un prezo razonable na seguinte ligazón (comprobado que funciona cos equipos Edixgal do alumnado, debes arrancar o equipo co adaptador conectado). Se ben calquera debería funcionar sen problema.

Tamén podes optar polo adaptador oficial de makeblock, moito máis caro, nas seguintes ligazóns.

Ten en conta, antes de mercar calquera destes adaptadores, que debes verificar que non sexa posible conectarse directamente usando o bluetooth do propio ordenador (caso de contar con bluetooth 4.0 xa non sería preciso un adatador). Do mesmo xeito, antes de optar polo «modelo oficial, tenta probar con outros dataptadores bluetooth-usb, 4.0 máis baratos.

Dispoñible UD con exemplos de posibles exercicios cos diferentes robots para E.I. en prográmame

Na aplicación PROGRÁMAME-UDIS de www.recusoseducativos.net (www.programame.gal), poderás atopar entre as UDI públicas, unha que creei cunha recopilación de posibles actividades e exercicios a levar a cabo cos diferentes robots educativos, resultado da experiencia na aula e das compartidas por outros compañeiros/as.

Se ben non se trata dunha Unidade Didáctica Integrada (UDI) posto que non constitúe en si unha tarefa, senón que se trata únicamente dun compendio de exercicios tipo, empregouse a aplicación PROGRÁMAME para poder telos organizados e facelos así dispoñibles para todo o mundo.

Irei actualizando esta UDI con novas actividades e exercicios a medida que se me vaian ocurrido ou vaia «descubrindo» novas experiencias de outros compañeiros e compañeiras.

Tan só tes que buscala en PROGRÁMAME, por unha destas vías:

  • UDIS > AS MIÑAS UDIS (udis públicas abaixo de todo) > buscar coa palabra «robótica» >  escoller a udi «SESIÓNS TIPO DE ROOBÓTICA».
  • INFANTIL: UDIS > AS MIÑAS UDIS (udis públicas abaixo de todo) >  escoller o usuario “oscar_abilleira»  no desplegable >  escoller a UDI «SESIÓNS TIPO DE ROBÓTICA”
  • PRIMARIA:  AS MIÑAS UDIS (udis públicas abaixo de todo) >  escoller o usuario “oscar_abilleira»  no desplegable >  escoller a UDI “ALMACÉN UDIS ROBÓTICA” . Están creadas co currículum da área de libre elección de centro LEC-RO polo que podedes copialas só como estrutura e escoller novos estándares.

Tan só terás que premer «COPIAR UDI» para poder ter unha copia no teu cartafol e traballar con ela (podes copiar só a estructura ou completa).

Premendo sobro o seu título poderás vela en pdf sen copiala o teu cartafol.

PFPP – Centros Liña A [documentación]

De seguido poderás descargar toda a documentación e presentacións empregadas nas docencias levadas a cabo nos PFPP dos  centros que traballan na liña A.

Tamén atoparás as ligazóns, outras presentacións da mesma temática e exemplos de tarefas así como  outros documentos e ferramentas, ás que se fixo referencia nas docencias.

 

0.- PROGRÁMAME-UDIS

Prográmame é unha ferramenta online, creada por Óscar Abilleira Muñiz, que se atopa na web recursose ducativos.net, que pode ser empregada tanto para elaborar diferentes documentos relacionados co traballo co currículum: programación, perfil de área e competencial… así como para a planificación das tarefas a desenvolver nas aulas a través da creación de Unidades Didácticas Integradas.

Prográmame tenta automatizar diferentes procesos na creación destes documentos a partir dos currículos oficiais. No caso de ESO e Bacharelato os mesmos estan a ser introducidos polos propios docentes interesados polo que non están dispoñibles tódalas materias. En primaria si está completo e en infantil inclúese a concreción curricular do CEIP Pedro Antonio Cerviño cos indicadores de logro elaborados para cada criterio polo equipo de Educación Infantil do centro.

Ligazóns relacionadas:

 

 

1.- CURRÍCULO, PERFIL DE ÁREA, COMPETENCIAL,  PROGRAMACIÓN E AVALIACIÓN POR ESTÁNDARES:

Presentación: Presentación do currículo e esquema de programación (pdf)
Presentación: O noso modelo de perfil de área e competencial (pdf)
Presentación: Proposta para avaliar a partir dos estándares (pdf)

Ligazóns relacionadas:

 

 

 

2.- COMPETENCIAS CLAVE, TAREFAS E UDIS:

Presentación: Planificando tarefas en UDIs usando prográmame: competencias clave e tarefas (pdf)
Presentación: Facemos unha película como as de Chaplin e outras tarefas: poñendo en práctica unha UDI planficando unha tarefa  (pdf)
Presentación: Esquema para deseñar e poñer en práctica unha tarefa (pdf)

Outros documentos de interese:

 

TAREFA (proxecto de traballo): «Investigamos para facer unha película como as de Chaplin»

 

TAREFA (proxecto de traballo): Investigamos sobre Kieth Haring para pintar o colexio:

 

Outros exemplos das últimas tarefas levadas a cabo nas nosas aulas de Educación Infantil:

 

Exemplos de tarefas nas aulas de Educación  Primaria

 

 

3.-  OS PROXECTOS DE TRABALLO: UN TIPO DE TAREFA.

Presentación: Proxectos de traballo en infantil e primaria (pdf)
Presentación:Facemos unha película como as de Chaplin e outras tarefas: poñendo en práctica unha UDI planficando unha tarefa  (pdf)

Ligazóns e exemplos de proxectos de traballo:

 

 

 

4.-  TAREFAS MATEMÁTICAS EN EDUCACIÓN INFANTIL

Presentación: "As matemáticas nas aulas de Educación Infantil"(pdf)

Tarefas e outras experiencias de traballo coa lóxica-matemática en Educacíón Infantil.

 

 

5.- TAREFAS CIENTÍFICAS EN EDUCACIÓN INFANTIL

Presentación: "Experimentos cientificos dentro dunha tarefa: Ciencia ou ficción"(pdf)
Presentación: "Experiencias científicas no día a día" (pdf)

 

 

6.- CONTACTO:

Podes calquera dúbida podes deixala nas seguites vías:

 

 

7.- OUTRAS LIGAZÓNS DE INTERESE:

Experiencias na aula cos Ozobots

Materiais que usamos cos Ozobots:

Na nosa aula contamos cunha «caixa» dos Ozobots (tal como temos para o Beebot e Probot) de modo que o alumnado poida empregalo e gardalo de forma autónoma:

Esta caixa dos Ozoobots contén o seguinte:

  • Rotuladores negros de punta grosa (precisa facer un trazo superior a 5mm para sexa lido polos Ozobots), tamén pode facerse o trazo repasando varias veces o trazo cun rotulador menos groso.
  • Rotuladores de punta grosa de cor: azul, verde e vermello
  • Tarxetas cos codigos de cores: creadas para ser usadas por alumnos de menos idade a partir da táboa de códigos que se inclúe co Ozobot (podes descargalas na seguinte entrada ou desde aquí)
  • Pack de 2 ozobot bits: poden atoparse en tendas online
  • Papel continuo de cor branca
  • Nas tablets da aula tamén temos instaladas as app oficiais dos ozobots. (dispoñibles para Androdid e IOS)

Documentos imprimibles:

Experiencias na  miña aula:

Descubrindo os ozobots: 

Podes acceder a esta experiencia completa na entrada publicada na web do meu centro, na seguinte ligazón:

http://edu.xunta.es/centros/ceipcervinho/?q=node/2328

http://edu.xunta.es/centros/ceipcervinho/?q=node/2413

Construíndo un «longo camiño» para os ozobots:

Partindo dun punto da aula, e despois de sortear varios obstáculos, construír un camiño empregando idferentes fragmentos de liñas e curvas, que lle permitan ó ozobot chegar ó seu destino final.

img_0852-copia

img_0857-copia

img_0863-copia

Completar o camiño para que poida chegar ó seu destino:

A partir dun percorrido debuxado, con ocos no mesmo, e con indicacións escritas, completalo empregando os códigos de corres correspondentes e «construindo» os muros nos lugares que se indicada, para que o ozobot poida chegar ó seu destino final.

img_1132

img_1135

Cronometrando ós Ozobots:

Usando o modelo descargable cronometramos canto tarda en chegar ó final da liña con diferentes códigos de cores no medio, anotamos as cantidades no círculo.

Outras experiencias cos Ozobots:

Viaxando por Vigo cos Ozobots:

http://hablandoenlasnubes.blogspot.com.es/2016/04/viajando-por-vigo-con-ozobot.html?m=1

Tarxetas cos códigos de cores para o ozobot

Adaptación dos códigos de cores do ozobot, para poder ser empregados con nenos e nenas de menor idade, pretenden ser unha referencia visual máis doada á hora de empregalos no deseño de percorridos.

Podes descargar o código de cores completo orixinal da web www.ozobot.com na seguinte ligazón:
http://play.ozobot.com/print/guides/ozobot-ozocodes-reference.pdf

WeDo 2.0, agora sen cables

Se xa coñecedes o Wedo deberías descubrir a nova versión que agora funciona por bluetooth e non precisa estar conectada por cable ó ordenador.

Ademais, grazas a empregar esta nova tecnoloxía, permite ser programado e controlado desde tablets grazas á aplicación oficial de lego.

 

Máis información:

Robot WeDo 2.0 de Lego

 


 

Podes mercalo na mesma tenda online da primeira version do we-do

Que é o ozobot bit?

Que é ozobot bit?

Descubre que poden facer estes pequenos, pero fantásticos robots, na seguinte ligazón:

http://asoreytecnoloxia.blogspot.com.es/search/label/Ozobot%20Bit

 

 

 

 

 

Podes mercalo en tendas online como:

A tenda da web oficial (ozobot.com) só realiza, en principio, envíos ós Estados Unidos, se ben é posible atopalos en diferentes tendas online con envío a España, entre elas:

http://www.blauden.com/fastsearch?filter0=ozobot+bit

Tede en conta que existe o modelo ozobot e o ozobot bit, que é ó que aquí se fai mención.

 

Sitio web oficial:

http://ozobot.es

E para a educación:

http://ozobot.es/educacion

 

 

Traballando con proxectos de traballo e tarefas en Educación Infantil

De seguido podes descargar toda a documentación empregada na docencia así como acceder ás ligazóns comentadas durante a mesma.

Documentación:  

PRESENTACIÓN: "Presentación e contextualización" (pdf)

PRESENTACIÓN: "Os proxectos de traballo: experiencias en Educación Infantil"(pdf)
PRESENTACIÓN: "Ciencia ou ficción, unha tarefa experimentando na aula" (pdf)

PRESENTACIÓN: "Planificando tarefas e UDIS con prográmame, para levalas á aula"(pdf)
PRESENTACIÓN: "Outras tarefas nas aulas de Educación Infantil" (pdf)

TAREFA: CIENCIA OU FICCIÓN?: EXPERIMENTANDO NA AULA

PROXECTO DE TRABALLO: “INVESTIGAMOS PARA RODAR UNHA PELÍCULA COMO AS DE CHAPLIN”

TAREFA: “CREAMOS UN TELEXORNAL”

Ligazóns e exemplos de proxectos de traballo

PROGRÁMAME:



DOCUMENTACIÓN ADICIONAL:

POSIBLES MODELOS DE PARTIDA PARA ELABORAR OS PERFÍS DE ÁREA E COMPETENCIA EN PRIMARIA:

PROGRÁMAME: aplicación online para xerar UDIS e unha posible “parte (d) da programación”:

Exemplos de tarefas nas aulas de Educación  Primaria

Ligazóns de interese:

Documentos sobre o traballo cooperativo:

[curso] Experiencias coas matemáticas nas aulas de Educación Infantil

  • CURSO: “UN CAMIÑO QUE HAI QUE SEGUIR NAS MATEMÁTICAS. DO EXERCICIO Á ACTIVIDADE E DA ACTIVIDADE AO PROXECTO.”.
  • PONENCIA: “Experiencias coas matemáticas nas aulas de Educación Infantil”.
  • PONENTE: Óscar Abilleira Muñiz – oscar_abilleira@edu.xunta.es
  • LUGAR: CFR de Pontevedra
  • DATA: 1/2/2016  (17:30 a 20:30 h.)
  • De seguido podes descargar toda a documentación empregada e entregada na docencia así como acceder ás ligazóns comentadas durante a mesma. Os documentos atópanse en formato pdf.

Documentación:

Presentación: "As matemáticas nas aulas de Educación Infantil" (pdf)

 

 Aplicacións on-line en www.recursoseducativos.net:

  • Calendario online
  • Biblioteca de aula
  • Prográmame
  • Diccionario online

 

Exemplos de arefas e experiencias de traballo con aspectos lóxico matemáticos nas aulas de Educación Infantil:

Ligazóns ás entradas na web do meu centro onde se explican, polo miudo, a posta en práctica de cada unha delas na aula.

 

Ligazóns e exemplos de proxectos de traballo

Ligazóns de interese:

[PFPP] Liña A – Traballando cos novos currículos

REVISA A VERSIÓN ACTUALIZA  DESTE  DOCUMENTO EN «DOCENCIAS > CURSO 2016/2017)

  • PFPP: “Liña A”.
  • PONENCIA: “PFPP Liña A –  Traballando cos novos currículos”.
  • PONENTE: Óscar Abilleira Muñiz – oscar_abilleira@edu.xunta.es
  • De seguido podes descargar toda a documentación empregada e entregada na docencia así como acceder ás ligazóns comentadas durante a mesma. Os documentos atópanse en formato pdf.

 


 

SESIÓN 1:

Presentación en pdf: "Descubrindo e traballando cos novos currículos"

 

 

DOCUMENTOS:

 

DOCUMENTOS DE TRABALLO:

PROGRÁMAME: aplicación online para xerar UDIS e a «parte (d) da programación»:

 

POÑÉNDONOS MANS Á OBRA:

  • Faremos un exemplo da parte (d) do modelo de programación en PROGRÁMAME
  • Imos a distribuir os estándares por trimestres
  • Imos a «seleccionar» os estándares prioritarios
  • Imos a ponderar (poñer peso en %) os estándares
  • Con estes datos poderemos elaborar o perfil de área e competencia

 

 


 

SESIÓN 2:

1_planificando_tarefas_e_udis_con_programame (presentacion en pdf)

 

DOCUMENTOS DE TRABALLO:

 

PROGRÁMAME: aplicación online para xerar UDIS e partes da programación:

 

POÑÉNDONOS MANS Á OBRA:

  • Imos a deseñar (co esquema en papel unha tarefa) – sen marcar elementos do currículum
  • Imos a introducir a tarefa en PROGRÁMAME – marcando xa os elementos do currículum
  • Imos a planificar a avaliación da tarefa e introducila en PROGRÁMAME
  • Imos xerar una UDI coa nosa tarefa
  • Imos aplicala na aula para valorala na próxima sesión de traballo.

 

 


 

SESIÓN 3:

Valoración do traballo e material elaborado.

 

POÑÉNDONOS MANS Á OBRA:

  • Presentaremos  a tarefa e UDI elaborada por cada quen ou grupo.
  • Comentaremos como foi a posta en práctica na aula da mesma
  • Comentaremos como levamos a cabo a avaliación da mesma
  • Falaremos sobre os problemas atopados aportando, entre todos, ideas alternativas para poder solucionalos.

 

 


EXEMPLOS DE TAREFAS NAS AULAS DE INFANTIL E PRIMARIA:

INFANTIL: UNHA TAREFA REAL: “INVESTIGAMOS PARA RODAR UNHA PELÍCULA COMO AS DE CHAPLIN”

 

 

INFANTIL: UNHA TAREFA REAL: Investigamos para pintar as paredes como Keith Haring
A UDI desta tarefa está compartida como pública na aplicación Prográmame

 

 

INFANTIL: TAREFA: CIENCIA OU FICCIÓN?: EXPERIMENTANDO NA AULA

 

 

Exemplos de tarefas nas aulas de Educación  Primaria

 

Ligazóns e exemplos de proxectos de traballo Infatil

 

 

OUTRAS LIGAZÓNS DE INTERESE: