TrueTrue

O robot educativo TrueTrue, permite ser programado de diferentes modos:

  • Programación sen usar ordenador/dispositivos móbiles (tablets-smartphones):
    • Usando tarxetas con códigos de cores
    • Empregando unha grella e as tarxetas de códigos de cores
    • Trazando percorridos que seguirá
    • Mediante o sensor de movemento “seguindo a man”.
  • Programación con dispositivos móbiles:
    • Usando diferentes aplicacións que se poden descargar para Android e iOS.
  • Programación usando ordenador (só windows):
    • Usando unha versión do software de código aberto Scratch para o TrueTrue, chamada “Truebot Scratch”

Recursos imprimibles de creación propia (oscarabilleira.com):


Recursos imprimibles da web oficial (truetrue.es):

Podes descargar todo o material oficial oficial  imprimible en: https://www.truetrue.es/recursos.html


Software oficial (APP):

Descargar aplicacións de xestión (para dispositivos móbiles iOS – macOS e android) e recursos descargables na páxina oficial:

https://www.truetrue.es/recursos.html

Coa APP podes programar os percorrido usando o mesmo código das tarxetas físicas.


Vídeos sobre o seu funcionamento:

Na páxina oficial:  https://www.truetrue.es/empezar.html

Na anterior ligazón atoparás os seguintes vídeos sobre o seu funcionamento:

  • Coñece o robot True True
  • Cargar o robot
  • Usando a App
  • Actualizar firmware
  • Calibrar movementos
  • Calibrar sensores
  • Comprobar o nivel de batería.
  • Funcionamento:
    • Movementos básicos coas taxetas
    • Movementos nunha grella
    • Actividades de seguimento
    • Repeticións
    • Secuencias musicais
    • Detectando obstáculos
    • Uso do acelerómetro
    • Sons e leds

Usando Truebot Scratch (só windows):

Pode tamén programarse o robot True True usando unha versión especial  deScratch, un software libre de programación para nenos e nenas, deseñada para este robot.

Descargar Truebot Scratch (só windows): http://www.truetruebot.com/eng/trueworld#trueApp_download_section (podes atopala ó final da páxina)

Lembra que só funcionará con esta versión “adaptada de scratch”, chamada “truebot Scratch”, non coa versión convencional de Scratch. O truebot Scratch está só dispoñible para windows.


Cadernos de actividades:

Cadernos de actividades (para mercar) na web de Compubot:

Tamén existen unha serie de cadernos con actividades, elaborados por Compubot, con propostas xa deseñadas para usar o TrueTrue.

Podes atopalos, para mercar, nas seguinte ligazóns á tendas online:


Sitio web oficial onde poder mercalo:

Podes mercar o robot TrueTrue en diferentes tendas online, entre elas nas seguintes:

No momento de publicación deste artigo, o seu precio é de 140€. Consulta o precio actual nas ligazóns anteriores.