Arranca Windows desde un usb nos equipos Edixgal

Os equipos Edixgal contan coa maqueta Abalar instalada que é totalmente operativa e funcional, baseada nunha distribución Debian do sistema operativo GNU-Linux.

Pode darse o caso de que precises executar algunha aplicación que só está dispoñible en windows, nese caso tal vez che interese poder «arrancar Windows» desde un dispostivo USB (pen-drive ou disco duro externo), sen afectar para nada ó disco duro do equipo Edixgal.

Deste xeito poderás estar traballando no dispositivo USB  sen afectar para nada o disco duro.


MATERIAIS DE REFERENCIA: 

Este manual foi creado usando as seguintes ferramentas e dispositivos, se ben poden funcionar perfectamente con outro equipamento.

  • Equipo portatil Acer – Edixgal do profesorado (Acer TravelMate P259-G2-M)
  • Equipo con windows (para poder crear o usb con windows)
  • ISO de windows 11 descargada
  • Programa gratuito «Rufus»
  • Dispositivo externo usb: Probado con estes dous dispositivos (revisa ós dous vídeos ó final deste manual para ver a velocidade e fluidez de cada un), para verificar o funcionamento con velocidades moi elevadas e moi baixas.
    • Disco duro usb-externo ssd (usb > 3.0). [Crucial X8 500Gb] – Lectura ata 1500 MB/s *
    • Pen-drive  (usb 3)  [Scandisk cruzer ultra – usb >3.0 – 16Gb]  – Lectura ata 80 MB/s *

DE QUE TAMAÑO E VELOCIDADE DEBE SER O DISPOSITIVO USB?:

* En relación ó tamaño do disco externo usb debes ter en conta que, unha vez instalado non ocupará máis de 40 Gb (no caso de usar un pen-drive con 16Gb será suficiente). Neste senso é moito máis recomendable optar por discos con velocidade de lectura-escritura elevada aínda que de menor capacidade, posto que se conseguirá un funcionamento máis fluido.

No caso desta proba empregamos un disco cunha velocidade moi elevada 1500MB/s cun resultado máis que satisfactorio, non apreciándose diferencias con respecto ó propio disco interno do portatil.  Por outra banda probamos cun dispositivo usb con moi baixa velocidade de escritura (como no caso do pen-drive usado) a fluidez e notablemente menor, se ben pode chegar a usarse.

Recomendamos así pois, de ser posible, empregar discos con velocidade de escritura superiores ós 700Mb por dar un resultado moi óptimo, se ben podes probar con discos de menor velocidade (máis baratos) a cambio de perder en velocidade e fluidez, ou de maior velocidade superior os 1000MB/s (máis caros) cunha notable melloría na fluidez de funcionamento.


PASO 1: Descargar a ISO de windows 

Precisarás contar un equipo con windows para poder crear o usb «arrancable» coa versión de «windows to go». Podería facerse desde o propio equipo con GNU-linx ou un equipo con MacOs. Neste manual usaremos un equipo con windows posto que será moito máis doado de crear.

  1. Descarga no teu ordenador con windows o aquivo ISO da versión de windows que queiras instalar. Neste manual usamos windows 11, totalmente funcional co equipo probado. Para elo entra en https://www.microsoft.com/es-es/software-download 
  2. Escolle a vesión que queiras (neste caso windows 11)
  3. Escolle entre as opcións dispoñibles «descargar imaxe ISO», preme descargar, escolle o idioma e a versión de 64bits. Descargarás un arquivo de un tamaño «considerable».
  4. Cando teñas a ISO descargada, gárdaa nalgún lugar accesible no teu equipo.

PASO 2:  Instala RUFUS e o usb «arrancable» con windows «to go»

Continuaremos co equipo con windows, no que teñamos descargada a imaxe ISO de windows 11, e usaremos nel o programa «Rufus», que fará posible que windows arranque desde un usb (pen-drive ou disco duro externo)

  1. Descargar a última versión programa gratuito Rufus desde https://rufus.ie/es/ e gárdado no teu equipo (por exemplo no escritorio). Tan só tes que descargalo (non fai falla instalo), posto que é un executable que non precisa instalación.
  2. Conecta o pen-drive ou disco usb o teu equipo. Ten en conta que todo o contido deste dispositivo usb será borrado.
  3. Executa Rufus, e escolle os seguintes valores:
    • En dispostivo escolle o usb que acabas de conectar.
      • Se conectas un pen-drive verás que xa aparece no despregable, pero se conectas un disco usb externo, para que rufus o detecte, terás que premer Alt+F, nese momento xa aparecerá no despregable.
    • En elección de arranque escolle «Disco ou imaxe ISO» e preme en «SELECCIONAR» para buscar a imaxe ISO de windows que tes descargada.
    • En opcións de imaxe escolle «windows to go» (MOI IMPORTANTE). Isto fará que se poida executar windows desde o propio USB e non que se use para instalalo desde o mesmo.
    • En Esquema de partición: MBR e en sistema de destino: BIOS (o UEFI-CSM)
    • Para o resto de opcións podes ver a captura seguinte. A etiqueta do volume é o nome do disco, podes deixar o que veña por defecto ou poñer o que queiras)

  • Preme «EMPEZAR» e agarda a que remate o proceso. Cando remate tan só tes que premer en PECHAR
  • Expulsa o usb con seguridade. Xa está listo para ser usado.

PASO 3: Arranca o teu equipo Edixgal desde o usb (disco duro externo ou pen-drive)

  • Introduce o disposito USB no equipo Edixgal e arranca o equipo.
  • Se non arranca por defecto o usb (pode configurarse na BIOS que o faga de modo automático), preme F12 (no caso dos equipos ACER) e escolle que arranque desde o usb que tes conectado.
  • Comezará o arranque do equipo pero desde o usb «é dicir está arrancando windows».

PASO 4: Remata a primeira configuración de windows

A primeira vez que arranques desde o usb con windows pode tardar bastante en executar toda a configurarción, e mesmo en arrancar, (sobre todo se se fai desde un pen-drive) é totalmente normal que o faga posto que está a configurar todo o que precisa, isto sucederá só a primeira vez que se execute.

  • Continúa co proceso de configuración na primeira carga e agarda ata que remate todo o proceso. Terás que respostar e ir escollendo entre as diferentes opcións que se ofrecen.
  • Unha vez teñas rematada a configuración e arranques windows, resulta interesante acceder á «configuración»e buscar se hai actualizacións para deixar todo listo. Deste xeito instalará os controladores para o portatil (tarxeta gráfica, red, son..)
  • Desde este momento poderás arrancar en windows cando o desexes, únicamente insertando o usb e encendendo o equipo. Se se arranca sen o usb arrancará automáticamente a maqueta Edixgal.

AFINANDO A INSTALACIÓN:

  • Acabada a primeira configuración, windows instalará uns controladores xenéricos pero podemos instalar os «oficiais», que deberían funcionar mellor. Para elo entramos en «configuración» >  «sistema» > «windows update»
  • Baixamos ata atopar «opcións avanzadas» e unha vez baixamos ata atopar «actualizacións opcionais».
  • Veremos que temos varios controladores para instalar, despregamos o menú e tan só teremos que escollelos todos e premer instalar.
  • Unha vez rematado (reiniciará o equipo), volta de novo ó mesmo lugar para ver se queda algunha pendente.

TEN EN CONTA O SEGUINTE:

  • Cando arranques con windows non se vai a conectar a rede wifi «Abalar» á que se conecta o equipo coa maqueta edixgal. Deberás conectarte á wifi edu.xunta.gal (cos teus datos de acceso no caso de centros educativos da Consellería de Educación) ou a calquera outra rede wifi ou cableada.
  • A velocidade e fluidez do sistema cando se usa un disco duro externo (usb 3.0) e moi superior a cando se usa un pen-drive.  Lembra que o equipo Acer conta con porto usb-c polo que, se o dispostivo que conectes ten este tipo de conexión, funcionará aínda máis rápido.
  • A velocidade de arranque e fluidez no funcionamento ó traballar desde o usb (con independencia de que sea un pen-drive ou disco externo), depende da calidade do mesmo  e  sobre todo da velocidade de escritura/lectura do dispositivo (mellor se son usb 3.0). O mellor é que probes ata que atopes un que funcione con fluidez. Nas probas realizadas empregouse un disco duro externo cunha velocidade de escritura e lectura relativamente elevada (ver vídeos ó final para máis detalles sobre o modelo usado), conseguindo un funcionamento moi fluido.  Usando discos con velocidade de escritura/lectura menor, o funcionamento será menos fluido (como no caso do exemplo do pen drive)
  • É posible que precises unha clave de activación de windows, se non a tes. Non é complicado atopala a un prezo moi razoable, e internet, se a necesitas.
  • O dispostivo externo usb (pen-drive ou disco duro), poderás empregalo en calquera equipo Edixgal (sempre que sexa o mesmo modelo de ordenador), arrancanddo windows 11 e atopándoo tal como o deixaches.

COMPARATIVA DO TEMPO DE CARGA E FLUIDEZ:  pen-drive usb 3.0  vs disco duro externo usb.

De seguido podes ver, nos seguintes vídeos, grabados en tempo real, a velocidade de carga e fluidez do sistema, executado desde un pen-drive e desde un disco duro externo. Ambos usb 3.0

  • Disco duro usb-externo (usb 3). [Modelo usado: Crucial X8 500Gb] – Arranca en 18 segundos.
    • Velocidade de lectura do disco usb: ata 1500 MB/s

  • Pen-drive  (usb 3)  [Modelo usado: Scandisk cruzer ultra – usb 3.0 – 16Gb] – Arranca en 48 segundos
    • Velocidade de lectura do pen-drive usb: 80MB/s


NON ARRANCA O USB POR DEFECTO: COMO PODO CONFIGURALO?

Dependendo de como estea configurado a orde de arranque, é posible que o teu portatil Edixgal non»arranque desde o usb» por defecto cando se conecte.

Neste caso podes premer F12 (no caso de equipos ACER), xusto despois de encendelo, e verás aparecer un menú de arranque, alí podes escoller arrancar desde o usb.

Se queres que sexa automático, é dicir, que cando haxa un usb conectado tente «arrancalo» antes de probar co disco duro (que conten a maqueta Edixtal), deberas cambiar a orde arranque na BIOS no apartado correspondente.

Como non é recomendable «cambiar a BIOS», salvo que se saiba o que se fai,  posto que podes ter logo problemas co arranque do equipo. Se estás interesado podes buscar na rede como acceder á BIOS do teu equipo.

Lembra que sempre podes premer F12, ou a tecla que corresponda, para escoller que arranque desde o USB.

Inicio mBot

mBot 1 e mBot 2:

O mBot é robot educativo creado por Makeblock, pensado para o traballo nas aulas coa robótica educativa. Está baseado naprogramación por bloques de Scratch, empregando unha versión modificada do Scratch chamada «Mblock»

Existen dúas versións do mBot:

Pode programarse co sofware Mblock 4, Mblock 5 ou Mblock online

Pode programarse co sofware Mblock 5 ou Mblock online

Se ben ambas versións comparten o software MBlock para a súa programación, cada unha ten as súas particularidades. Consulta as seccións específicas de cada un no menú superior de navegación.

Para poder manexar e programar o mBot precisaremos empregar o software M-block, unha adatapción do entorno de programación para estudiantes Scratch.

Este sofware conta con varias versións:

  • mBblock 4 
  • mBblock 5 online (que é a mesma que programalo desde a páxina web https://ide.mblock.cc/)
  • Tamén podemos programar o Mbot directamente desde a páxina web https://ide.mblock.cc.

Este sofware (nas súas dúas versións) ven xa incluído, baixo a categoría programación, nos equipos Edixgal ou con maqueta Abalar. Ten en conta que o mBot 2 só pode programarse coa versión do Mblock 5 denominada «online»

Podes atopar as ligazóns de descargar o programa, se o precisas, ou usar versión online do mesmo na seguinte web:

Programas de edición de vídeo e uso de Chroma key

Existen múltiples programas de edición de vídeo que permiten empregar imaxes cun chroma de fondo, e «facelo transparente», para que se vexa o que hai debaixo.

Todos eles teñen un funcionamento similar para acadalo:

  • Arrastrar o vídeo «normal» nunha das pistas da liña do tempo.
  • Arrastrar o vídeo «co chroma verde» nunha pista que estaea por riba do vídeo anterior na liña do tempo.
  • Arrastramos o «efecto chroma – chroma key» sobre o vídeo co chroma.
  • Axustamos as preferencias do efecto chroma key para que «se vexa ben» e despareza a cor do chroma (habitualmente verde)

A calidad do efecto dependerá do programa usado, así como da calidade do vídeo. Habitualmente soen obterse mellores resultados con programas «de pago», posto que incorporar un proceso de imaxe máis potente.

Entre os programas que podemos empregar para aplicar o efecto Chroma atopamos, entre outros, os seguintes:

Preinstalados cos sistemas operativos:

ClipChamp (windows):

  • Preinstalado nos equipos desde windows 11 en diante
  • Programa moi sinxelo, con funcionalidades básicas, pero que da moi bos resultados no uso do Chroma.
  • Pode descargarse gratuitamente, pese a vir preinstalado, desde a Microsoft Store
  • Algunhas opcións só se poden usar previa suscripción de pago dentro do programa.

https://www.youtube.com/watch?v=5E2YO26bf6U


Imovie (macOS):

  • Preinstalado nos equipos de Apple macOS (tódalas versións):
  • Programa moi sinxelo, con funcionalidades básicas, pero que da moi bos resultados no uso do Chroma.
  • Pode descargarse gratuitamente, pese a ver preinstalado, desde a App Store dos Mac (Apple)
  • Non é preciso ningún tipo de suscripción, e gratuito en tódalas súas funcións.

https://www.youtube.com/watch?v=v-6LwzqxD74

Outro software que podes empregar:


KDEnlive:

  • Trátase dun programa Open Source gratuito para a edición de vídeo, que permite usar o Chroma.
  • Instalado nos equipos Edixgal.
  • Ligazón de descarga: https://kdenlive.org/en/download/. (windows, mac e linux)
  • Non é preciso ningún tipo de suscripción, tódalas funcións son gratuitas.
https://www.youtube.com/watch?v=ZGcwx4AG06s

Openshot:

  • Trátase dun programa Open Source gratuito para a edición de vídeo, que permite usar o Chroma.
  • Para obter resultados con certa calidade, en especial no uso do Chroma, é preciso axustar moitos parámetros e ter moito coidado na calidade dos vídeos a empregar (en especial a luminosidade dos mesmos)
  • Instalado nos equipos Edixgal.
  • Ligazón de descarga: https://www.openshot.org/es/download/. (windows, mac e linux)
  • Non é preciso ningún tipo de suscripción, tódalas funcións son gratuitas.

https://www.youtube.com/watch?v=Yjj1Pq8fAIE


Movavi:

  • Programa de pago, moi doado de empregar, pero con funcións avanzadas e moi bos resultados no uso do chroma.
  • Ten unha versión de proba gratuita de 15 días, incluíndo nos vídeos unha marca de auga.
  • Dispoñible para windows e MacOS: https://www.movavi.com/
  • Prezo: Licenza perpetua 47€, Licenza de pago anual 37€

https://www.youtube.com/watch?v=bdDK2ZtxZGk


Wondershare Filmora:

  • Programa de pago, moi doado de empregar, pero con funcións avanzadas e moi bos resultados no uso do chroma.
  • Ten unha versión de proba gratuita de 7 días. Pode probarse o programa completo con tódalas funcionalidades, pero mete unha marca de auga.
  • Dispoñible para windows e MacOS en https://filmora.wondershare.es
  • Prezo: Plan perpetuo 70€ – Plan de pago semestral: 20€ – Plan de pago anual: 45€ cada ano. Existe un prezo para o sector educativo cun 30% de desconto en cada precio – consultar aquí: https://filmora.wondershare.es/store/buy-education.html )

https://www.youtube.com/watch?v=5ejy9jXgRe4

Programas profesionais ou avanzados:


Final Cut Pro X:

  • Programa de pago profesional, extremadamente potente, para equipos de Apple con macOS: Mac, macbook…
  • Contén moitas funcións avanzadas de edición de vídeo e excelentes resultados no uso do Chroma.
  • Dispoñible para mercalo e instalalo na APP Store de Mac. Prezo 349 € (199 € xunto a outros 4 programas para o sector educativo https://www.apple.com/us-edu/shop/product/BMGE2Z/A/pro-apps-bundle-for-education )

Adobe premier:

  • Programa de pago profesional, extremadamente potente, para equipos Windows e de Apple con macOS
  • Contén moitas funcións avanzadas de edición de vídeo e excelentes resultados no uso do Chroma.
  • Dispoñible para mercalo, por 36€ ó mes en https://www.adobe.com/es/products/premiere.html

Sony Vegas:

  • Programa de pago profesional, extremadamente potente, para equipos Windows e de Apple con macOS
  • Contén moitas funcións avanzadas de edición de vídeo e excelentes resultados no uso do Chroma.
  • Dispoñible para mercalo, por 8, 13 ou 20€ ao mes (segundo caracterísicas) en https://www.vegascreativesoftware.com/es/vegas-pro/

Agueiro

Diferente documentación sobre o uso de Agueiro – Consellería de Educación:

  • Aplicación práctica de Agueiro – Conferencia de David Paz Novoa  (publicado na aula virtual do CEIP Pedro Antonio Cerviño  – presentado nos encontros de coordiandores Edixgal) –  TEN ACCESO COMO CONVIDADO

 https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/aulavirtual/course/view.php?id=294

Ferramentas e recursos externos online

Neste apartado iranse engadindo, periódicamente, ferramentas e recursos externos para o alumnado e o profesorado:

Podes  enlazar ou, nalgúns casos “incrustar”, todos estes elementos na túa web,  blog, curso da aula virtual, etc…

.

recursoseducativos.net




www.recursoseducativos.net
Diferentes recursos online para o profesorado e o alumnado. Do creador deste mesmo blogue Óscar Abilleira Muñiz

Guías rápidas e manuais de usuario dentro de cada unha das aplicacións.


.

Creación de presentacións

www.genial.ly
Permite crear presentacións interactivas que poderás compartir usando unha url, ou un código para insertar nunha web, blog, aula virtual…
URL para compartir: si
CÓDIGO PARA INSERTAR: si

Exemplo dun genial.ly
www.prezi.com
Permite crear presentacións interactivas que teñen como característica principal ser un enorme lenzo polo que vas desplazándote facendo zoom e enfocando diferentes partes
URL para compartir: si
CÓDIGO PARA INSERTAR: si

Exemplo dun prezi

www.padlet.com
Permite crear “muros” colaborativos, nos que profesorado vai colgando o material ou publicando contidos, e o alumnado pode preguntar, valorar ou mesmo publicar contidos (libremente ou con previa autorización). A versión gratuita permite usar só 3 paddlets.
URL para compartir: si
CÓDIGO PARA INSERTAR: si

Exemplo dun padlet

.

Creación de “xogos” interactivos


www.mobyyt.com
Permite crear pequenos “xogos” (a modo de videoxogo) no que se teñen respostar preguntas e superar retos para pasar de nivel.
URL para compartir: si
CÓDIGO PARA INSERTAR: si

Exemplo de Mobbyt

Descargar mini guía de Mobbyt

www.deck.toys
Permite crear actividades gamificadas (xogos) facendo un percorrido no que o alumnado ten que respostar preguntas, resolver problemas… ata chegar ó final
URL para compartir: si
CÓDIGO PARA INSERTAR: si

Exemplo de Decktoys

.

Creación de vídeos interactivos



www.vyond.com
Permite crear vídeos con animacións, diálogos, personaxes, textos… O vídeo creado podes subilo logo á web do teu centro, youtube…
URL para compartir: si
CÓDIGO PARA INSERTAR: depende de onde se publique o vídeo

Exemplo dun vídeo creado con Vyond

www.edpuzzle.com
Permite integrar preguntas, textos, imaxes nun vídeo, que logo podes gardar e subir a calquera web ou servizo como youtube.
URL para compartir: si
CÓDIGO PARA INSERTAR: non

Exemplo dun Edpuzzle

Descargar mini guía de Edpuzzle (ver 1.1)

.

Creación de actividades interactivas


https://kahoot.com
Kahoot! é un servizo educación social e gamificada, permite crear unha serie de preguntas nas que, coas respostas, vaise subindo nun raking dos participantes.
URL para compartir: si
CÓDIGO PARA INSERTAR: si

Exemplo dun kahoot!

www.puzzel.org
Crea encrucillados, sopas de letras, puzzles, acrósticos, xogos de memoria, dunha forma sinxela e que se poden “completar online”.
URL para compartir: si
CÓDIGO PARA INSERTAR: non

Exemplo dunha sopa de letras en puzzel

www.educaplay.com
Permite crear actividades interactivas multimedia. Podemos crear diferentes tipos de actividades e organizalos en colecións. Permite descargalos tamén en paquete SCORM.
URL para compartir: si
CÓDIGO PARA INSERTAR: si

Exemplo de actividade creada con educaplay

www.wordwall.net
Crea actvidades interactivas de diferentes tipos (con opción de imprimir), partir de diferentes plantillas
URL para compartir: si
CÓDIGO PARA INSERTAR: si

Exemplos de actividades creadas con wordwall

Descargar mini guía de wordwall

www.quizlet.com
Crea fichas/tarxeas educativas, actividades
de estudio e outra serie de actividades
(de diferentes tipos),
a través dunha secuencia de traballo
que plantexes.
URL para compartir: si
CÓDIGO PARA INSERTAR: si

Exemplo dun quizlet

https://es.liveworksheets.com

Crea fichas interativas ou emprega as xa
creadas e compartidas pola comunidade (podes crear tamen cadernos de fichas, rexistrar alumnos/as, etc.
Para usar todas testas opcións ou obter o código para insertar precisas rexistrarte de balde (para usar a url non precisas rexistro).
URL para compartir: si
CÓDIGO PARA INSERTAR: si

Exemplo dunha ficha de liveworksheets

Descargar guía rápida de uso

www.cerebriti.com
Crea xogos educativos interactivos que poderás compartir coa comunidade. Poderás escoller diferentes tipos de xogos e materiais a empregar (tipo test, mapas, resposta correcta, emparellar…)
URL para compartir: si
CÓDIGO PARA INSERTAR: si

Exemplo dun cereriti

Agregadores de ligazóns, ficheiros…


www.symbaloo.com
Agrega ligazóns a diferentes lugares da rede
dun xeito visual

URL para compartir: si
CÓDIGO PARA INSERTAR: si
(amosa menos publicidade)

Exemplo dun symbaloo de contos


www.pearltrees.com
Agrega ligazónsa diferentes lugares da
rede dun xeito visual, así como arquivos,
imaxes. Poden organizarse en colecións

URL para compartir: si
CÓDIGO PARA INSERTAR: si

Exemplo do pearltrees dun
docente organizado en colecións

Descargar guía rápida en pdf

.

Outras ferramentas


www.timetoast.com
Crea liñas do tempo online de forma moi sinxela. Podes incluír textos, imaxes…
URL para compartir: si
CÓDIGO PARA INSERTAR: si

Exemplo dun timetoast


www.jigsawplanet.com
Crea puzzles interactivos a partir dunha imaxe do teu ordenador. O puzle quedará dispoñible online.
URL para compartir: si
CÓDIGO PARA INSERTAR: si

Exemplo dun puzzle en jigsawplanet

Uso do sistema de vídeo-conferencias “webex”, “falemos” e “Big Blue Button»

 

 O profesorado galego conta con dúas  ferramentas para levar a cabo sesións de vídeo-conferencias.

  • Cisco Webex
  • Falemos
  • Big Blue Button (integrado como actividade en Moodle – Aula virtual)

   

CISCO WEBEX:

Todos os docentes con conta de correo @edu.xunta.gal teñen pre-rexistrada unha conta no servizo eduxunta.webex.com

Descarga de seguido as guías rápidas de uso de eduxunta.webex.com para o profesorado.

Descarga, se seguido, as guías rápidas de uso de eduxunta.webex.com para as familias. Tamén é válido para acceder como mestre a reunións organizadas por outros en salas persoais (para as privadas recibirás os datos de acceso concretos en cada caso)

Descarga a versión de Chrome, compatible con Cisco-Webex, para os equipos con maqueta Abalar:

    

FALEMOS EDU:

E unha plataforma de videconferencia, baseada en software libre,  da Xunta de Galicia para a realización de reunións virtuais.

Este servizo está dispoñible para todo o profesorado que imparte docencia en centros públicos de Galicia.

Acceso a Falemos Edu (co usuario e contrasinal do correo @edu.xunta.gal): https://falemos.edu.xunta.gal

Podes descargar o documento oficial de axuda desta aplicación na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/falemos-2020_.pdf

   

BIG BLUE BUTTON:

Tamén podes engadir na aula virtual (Moodle) un sistema de vídeconferencias integrado chamado Big Blue Button (ver manual de uso de Moodle para máis información, no apartado Manuais desta mesma web)

Documentación das docencias sobre Edixgal

 

Aula aberta “Edixgal”: Equipamento, Aplicacións…

Accceso á aula aberta Abalar (documentación oficial Edixgal da Consellería de Educación)

Aplicacións instaladas na maqueta Abalar – dos equipos E-dixgal:

Accede á lista de aplicacións instaladas na maqueta Abalar, instalada nos equipos E-dixgal, cunha pequena explicación da súa función e, nalgúns casos, manuais de uso (podes acceder como convidado).

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/aulavirtual/course/view.php?id=321

Guías para o uso dos equipos E-dixgal:

Pequeno manual sobre o uso de novas fontes tipográficas nos programas dos equipos E-dixgal.: Descargar guía uso de novas fontes tipográficas nos equipos Edixal.pdf

Guías rápidas para o uso do EVA

A apariencia pode cambiar con respecto ó amosado nos pdf, débese á constante actualización do EVA. En todo caso, as opcións dispoñibles, con independencia da apariencia, son as mesmas. 

Guías actualizadas á nova apariencia do EVA en setembro de 2023.

Actividades H5P no EVA:

 

Ferramenta de autor no EVA:

A ferramenta de autor estaba/está baseada en actividades h5p que se empaquetan como paquete SCORM, é un sistema anterior a que se incorporasen a opción de incluír as actividades H5P, directamente nas seccións (podendo ver os resultados do alumnado), ou mesmo dentro de recursos como páxinas ou etiquetas (coa limitación no caso de insertalas nos recursos  de non poder ver os resultados do alumnado)

 

 

Uso do EVA “offline”:

O EVA “Offline”, permite usar os contidos do EVA (case todos) nos equipos do alumnado sen conexión a internet. Os contidos do EVA sincronízanse co EVA offline cada vez que se conecta o equipo Edixgal á rede wifi da aula e se accede a aplicación “EVA Offline”.

Se se vai a  usar é imprescindible facer que se conecten á rede wifi da aula eses equipos “ó chegar polas mañás”, e se acceda ó EVA offiline para que sincronice “os seus traballos co EVA online”. Do mesmo xeito deberán entrar e sincronizar para “cargar os novos contido que haxa no EVA”, antes de marchar.

O EVA offline, ademáis de nos equipos Edixgal tamén pode usarse noutro tipo de dispositivos: 

 

Manuais de uso da Aula virtual das webs dos centros:

Acceso as miniguías de Moddle (aula virtual das webs dinámicas dos centros, pero válidos para o uso en EDIXGAL) na seguinte ligazón (inclúen moita máis información e ferramentas que se poden usar tamén no EVA): 

Estas guía da aula virtual podon servirche para complementar o indicado nas guías específicas do EVA-Edixgal, posto que en ambos casos estamos a traballar cun Moodle e son exactamente iguais en canto ás súas funcións.

Manuais básicos de uso de Drupal

Manual básico para o administrador : DESCARGAR EN PDF (ver 1.2)

Manual básico para o usuario: ACCESO Ó MANUAL NA AULA VIRTUAL DO MEU CENTRO (entrar como convidado)

No caso do manual básico, algunhas das opcións son están dispoñibles na web do noso centro, posto que conta esteas modificacións efectuadas especificamente:

  • insertar imaxes desde a galería copermine directamente
  • crear, mover e unir álbumes nas diferentes categorías en Copermine

Para máis información ó respecto consulta por e-mail