TrueTrue

O robot educativo TrueTrue, permite ser programado de diferentes modos:

  • Programación sen usar ordenador/dispositivos móbiles (tablets-smartphones):
    • Usando tarxetas con códigos de cores
    • Empregando unha grella e as tarxetas de códigos de cores
    • Trazando percorridos que seguirá
    • Mediante o sensor de movemento “seguindo a man”.
  • Programación con dispositivos móbiles:
    • Usando diferentes aplicacións que se poden descargar para Android e iOS.
  • Programación usando ordenador (só windows):
    • Usando unha versión do software de código aberto Scratch para o TrueTrue, chamada “Truebot Scratch”

Recursos imprimibles de creación propia (oscarabilleira.com):


Recursos imprimibles da web oficial (truetrue.es):

Podes descargar todo o material oficial oficial  imprimible en: https://www.truetrue.es/recursos.html


Software oficial (APP):

Descargar aplicacións de xestión (para dispositivos móbiles iOS – macOS e android) e recursos descargables na páxina oficial:

https://www.truetrue.es/recursos.html

Coa APP podes programar os percorrido usando o mesmo código das tarxetas físicas.


Vídeos sobre o seu funcionamento:

Na páxina oficial:  https://www.truetrue.es/empezar.html

Na anterior ligazón atoparás os seguintes vídeos sobre o seu funcionamento:

  • Coñece o robot True True
  • Cargar o robot
  • Usando a App
  • Actualizar firmware
  • Calibrar movementos
  • Calibrar sensores
  • Comprobar o nivel de batería.
  • Funcionamento:
    • Movementos básicos coas taxetas
    • Movementos nunha grella
    • Actividades de seguimento
    • Repeticións
    • Secuencias musicais
    • Detectando obstáculos
    • Uso do acelerómetro
    • Sons e leds

Usando Truebot Scratch (só windows):

Pode tamén programarse o robot True True usando unha versión especial  deScratch, un software libre de programación para nenos e nenas, deseñada para este robot.

Descargar Truebot Scratch (só windows): http://www.truetruebot.com/eng/trueworld#trueApp_download_section (podes atopala ó final da páxina)

Lembra que só funcionará con esta versión “adaptada de scratch”, chamada “truebot Scratch”, non coa versión convencional de Scratch. O truebot Scratch está só dispoñible para windows.


Cadernos de actividades:

Cadernos de actividades (para mercar) na web de Compubot:

Tamén existen unha serie de cadernos con actividades, elaborados por Compubot, con propostas xa deseñadas para usar o TrueTrue.

Podes atopalos, para mercar, nas seguinte ligazóns á tendas online:


Sitio web oficial onde poder mercalo:

Podes mercar o robot TrueTrue en diferentes tendas online, entre elas nas seguintes:

No momento de publicación deste artigo, o seu precio é de 140€. Consulta o precio actual nas ligazóns anteriores.

Miibot


Instrucións de montaxe e iniciación:

Descarga as instrucións gráficas de montaxe do MiiBoot na seguinte ligazón en formato pdf:

Tamén podes ver como montalo no seguinte vídeo-titorial:


Software Crumble:

Descargar o software Crumble: https://complubot.com/proyectos/swr/crumble/software-crumble/

Crumble – guía de iniciación: https://www.complubot.com/docu/Crumble/guia_iniciacion_crumble.pdf

Crear un programa para “mandar” ao Miibot:

  • Unha vez creado un programa, co miibot apagado deberemos contectar o cable usb ó ordenador para enviar o programa, non funcion de forma inarámica nin en tempo real (a diferencia do Lego wedo  ou o M-bot por exemplo).
  • Prememos a icona do play “verde” e agardamos a que se cargue o programa.
  • Desconectamos o cable e encendemos o Miibot, o programa comeza a executarse.
  • Podemos tamén facer ese pasos co cable conectado, en canto premamos o “play verde” executarase o programa (coa limitación do estar conectado ao cable)

Cadernos para traballo co Crumble – ligazón para mercalos: https://complubot.com/proyectos/swr/manuales/

Vídeos de youtube, oficiais de complubot, con exemplos de programación con crumble dos diferentes sensores: https://www.youtube.com/watch?v=kzUrqICvGP0&list=PLt8fRno8e6m6JXNazxMlXKWzLiCAN3PBx&index=1 


Compatible coas pezas de Lego:

O miiBot é compatible coas pezas orixinais de Lego (por exemplo as de wedo), polo que poden empregarse na súa construción e deseño de robots diferentes, empregando a placa de microbit, os motores e os sensores.

Desde xeito, unha vez realizado o primeiro montaxe, o alumnado pode redeseñalo, ou deseñalo novamente para crear robots diferentes.

En todo caso, ó empregar a mesma placa, motores e sensores, a programación con crumble é a mesma.


Páxina web oficial:

Sitio web oficia con recursos e opción de mercalo: https://www.miibot.es

Elecfreaks – Netza Inventor’s kit

Para placas micro:bit.

Ten en conta que este kit “Netza Inventor’s” non contén a placa “micro:bit” que permite o seu funcionamento, senón que é un kit de sensores e pezas para construír un robot, no que introducir a placa “micro:bit”.

É a placa micro:bit a que se pode programar para que o robot execute accións.

Genially sobre Micro:bit e programación con makecode da mesma: https://view.genial.ly/6230cb698d0061001238009d

Ligazón para mercar unha placa microbit: https://ro-botica.com/Producto/BBC-microbit-V2/


Algúns proxectos para crear co kit “Netza’s inventors kit”:


Programable co software “MakeCode”


Información noutros sitios web:

Web oficial: https://www.elecfreaks.com/ 

Información en ro-botica.com: https://ro-botica.com/tienda/Elecfreaks/ 

MakeCode e placas Micro:bit

Micro:BIT é unna pequena tarxeta programable, cun custo asequible, incorpora gran cantidade de sensores e actuadores, que pode programarse co software MakeCode (Open Source)

Ligazón para mercar unha placa microbit: https://ro-botica.com/Producto/BBC-microbit-V2/


Programable co software “MakeCode”

Descobre o mBot: versión 1 e versión 2

Existen dúas versións do M-bot, a versión 1 (a máis antiga) e a Versión 2 (a máis moderna), que teñen certas diferencias.

                   

Páxina de mblock España:

https://www.makeblock.es

Descarga o software Mblock (baseado en scratch pero que permite programar os mbot)

http://www.mblock.cc

 

Novidades da nova versión do Mbot – “Mbot 2”

Diferencias entre Mbot e Mbot 2:  https://juegosrobotica.es/podcast-050/ 

mBot 2 – El nuevo robot educativo de Makeblock Education

 

Guía de comezo e actividades de exemplo para o m-bot 2: https://www.robotix.es/documentos/mbot2-actividades.pdf

M-bot 2 en robotix.es (información, descargas e opción de compra): https://www.robotix.es/es/mbot-2 

Traballando con m-block e m-bot nas aulas (inclúe UD – UDIS)

Desde o curso 2018-2019 no CEIP Pedro Antonio Cerviño (Campo Lameiro) contamos con áreas de libre elección de robótica LEC-RO en 4º e 6º, podes atopalo en “prográmame” de recursoseducativos.net, baixo as siglas LEC-RO.

Estas áreas son impartidas por min.

De seguido podes atopar unha serie de ligazóns de introdución nas aulas destes robots:

Podes atopar tódolos proxectos creados con scratch (m-block) polo alumnado aquí:

https://scratch.mit.edu/users/colexiocampolameiro/

Dispoñible UD con exemplos de posibles exercicios cos diferentes robots para E.I. en prográmame

Na aplicación PROGRÁMAME-UDIS de www.recusoseducativos.net (www.programame.gal), poderás atopar entre as UDI públicas, unha que creei cunha recopilación de posibles actividades e exercicios a levar a cabo cos diferentes robots educativos, resultado da experiencia na aula e das compartidas por outros compañeiros/as.

Se ben non se trata dunha Unidade Didáctica Integrada (UDI) posto que non constitúe en si unha tarefa, senón que se trata únicamente dun compendio de exercicios tipo, empregouse a aplicación PROGRÁMAME para poder telos organizados e facelos así dispoñibles para todo o mundo.

Irei actualizando esta UDI con novas actividades e exercicios a medida que se me vaian ocurrido ou vaia “descubrindo” novas experiencias de outros compañeiros e compañeiras.

Tan só tes que buscala en PROGRÁMAME, por unha destas vías:

  • UDIS > AS MIÑAS UDIS (udis públicas abaixo de todo) > buscar coa palabra “robótica” >  escoller a udi “SESIÓNS TIPO DE ROOBÓTICA”.
  • INFANTIL: UDIS > AS MIÑAS UDIS (udis públicas abaixo de todo) >  escoller o usuario “oscar_abilleira”  no desplegable >  escoller a UDI “SESIÓNS TIPO DE ROBÓTICA”
  • PRIMARIA:  AS MIÑAS UDIS (udis públicas abaixo de todo) >  escoller o usuario “oscar_abilleira”  no desplegable >  escoller a UDI “ALMACÉN UDIS ROBÓTICA” . Están creadas co currículum da área de libre elección de centro LEC-RO polo que podedes copialas só como estrutura e escoller novos estándares.

Tan só terás que premer “COPIAR UDI” para poder ter unha copia no teu cartafol e traballar con ela (podes copiar só a estructura ou completa).

Premendo sobro o seu título poderás vela en pdf sen copiala o teu cartafol.

Experiencias na aula cos Ozobots

Materiais que usamos cos Ozobots:

Na nosa aula contamos cunha “caixa” dos Ozobots (tal como temos para o Beebot e Probot) de modo que o alumnado poida empregalo e gardalo de forma autónoma:

Esta caixa dos Ozoobots contén o seguinte:

  • Rotuladores negros de punta grosa (precisa facer un trazo superior a 5mm para sexa lido polos Ozobots), tamén pode facerse o trazo repasando varias veces o trazo cun rotulador menos groso.
  • Rotuladores de punta grosa de cor: azul, verde e vermello
  • Tarxetas cos codigos de cores: creadas para ser usadas por alumnos de menos idade a partir da táboa de códigos que se inclúe co Ozobot (podes descargalas na seguinte entrada ou desde aquí)
  • Pack de 2 ozobot bits: poden atoparse en tendas online
  • Papel continuo de cor branca
  • Nas tablets da aula tamén temos instaladas as app oficiais dos ozobots. (dispoñibles para Androdid e IOS)

Documentos imprimibles:

Experiencias na  miña aula:

Descubrindo os ozobots: 

Podes acceder a esta experiencia completa na entrada publicada na web do meu centro, na seguinte ligazón:

http://edu.xunta.es/centros/ceipcervinho/?q=node/2328

http://edu.xunta.es/centros/ceipcervinho/?q=node/2413

Construíndo un “longo camiño” para os ozobots:

Partindo dun punto da aula, e despois de sortear varios obstáculos, construír un camiño empregando idferentes fragmentos de liñas e curvas, que lle permitan ó ozobot chegar ó seu destino final.

img_0852-copia

img_0857-copia

img_0863-copia

Completar o camiño para que poida chegar ó seu destino:

A partir dun percorrido debuxado, con ocos no mesmo, e con indicacións escritas, completalo empregando os códigos de corres correspondentes e “construindo” os muros nos lugares que se indicada, para que o ozobot poida chegar ó seu destino final.

img_1132

img_1135

Cronometrando ós Ozobots:

Usando o modelo descargable cronometramos canto tarda en chegar ó final da liña con diferentes códigos de cores no medio, anotamos as cantidades no círculo.

Outras experiencias cos Ozobots:

Viaxando por Vigo cos Ozobots:

http://hablandoenlasnubes.blogspot.com.es/2016/04/viajando-por-vigo-con-ozobot.html?m=1